Saltar navegación

5.4. Diario de aprendizaxe

Completa o teu diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Nesta fase levouse a cabo a difusión do Plan perfecto creado en equipo e a valoración sobre o teu traballo no mesmo, tanto a nivel individual coma en grupo. Agora é o momento de facer estas reflexións no teu diario de aprendizaxe.

Recorda as noticias que iniciaron este percorrido e como foi evolucionando o reto fío a fío nas distintas fases ata chegar a derradeira. Foi un camiño cheo de novos coñecementos e novas experiencias traballando en equipo, colaborando, cooperando e adquirindo novas aprendizaxes a través dos retos cooperativos tecendo ese gran plan co que podes axudar a concienciar á xente da túa contorna sobre os beneficios dunha vida sa e activa.

Lectura facilitada

Nesta fase levouse a cabo a difusión do plan perfecto creado en equipo

e a valoración sobre o teu traballo tanto individual coma en grupo.

Agora é o momento de facer estas reflexións no teu diario de aprendizaxe.

Recorda as noticias que iniciaron este percorrido.

Foi un camiño cheo de novos coñecementos e novas experiencias

a través dos retos cooperativos tecendo ese gran plan co que podes axudar

a concienciar á xente  sobre os beneficios dunha vida máis sa e activa.

Estas reflexións axudaranche a adaptarte mellor a futuras aprendizaxes.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)