Saltar navegación

Fío amarelo

 

Glosario

Hixiene

Pictograma que representa unha persoa san e outra enferma e burbullas de xabrón

Definición:

É unha parte da medicina que preocupase da conservación da saúde e a prevención de enfermidades.

Exemplo:

Unha boa hixiene axuda a estar máis san.

Xermes

Pictograma que representa un virus

Definición:

Son microbios, seres microscópicos, que poden causar infeccións e enfermidades.

Exemplo:

Hai que ducharse todos os días para eliminar os xermes que quedan ao longo do día na nosa pel.

Tira do fío...

Debuxo do fío amarelo

Hixiene! Aprende a coidar da túa saúde a través da hixiene persoal e da hixiene postural.

Hixiene persoal

A hixiene persoal ten que ver co coidado do teu corpo: a limpeza e o aseo persoal.

Debemos ter unha boa hixiene porque, todos os días, estamos en contacto con millóns de xermes e virus que poden enfermarnos. E unha boa hixiene persoal, axudaranos a previr enfermidades.

Os hábitos hixiénicos persoais básicos son:

Pictograma dunha persoa duchándose

Ducharse regularmente, incluíndo o lavado dos cabelos.

Pictograma de dúas mans molladas debaixo dunha billa

Lavar as mans con frecuencia.

Pictograma de dúas mans cortando as uñas

Cortar as uñas.

Pictograma que representa unha masaxe nos pés

Manter unha boa hixiene dos pés.

Pictograma dunha persoa lavando os dentes

Lavar os dentes despois de cada comida.

Pictograma que representa roupas sucias

Mudar a roupa e calzado con frecuencia.

Ademais, a sensación de limpeza fai aumentar a sensación de benestar persoal, físico e mental, e vai axudarche a poder ter unhas boas relacións sociais.

Lectura facilitada

A hixiene persoal é o coidado do teu corpo: a limpeza e o aseo persoal.

Por que debemos ter unha boa hixiene persoal?

Porque, todos os días, estamos en contacto con millóns de xermes e virus que poden enfermarnos.

Unha boa hixiene persoal, axuda a previr enfermidades.

A sensación de limpeza fai aumentar a sensación de benestar persoal.

E tamén contribúe a ter unhas boas relacións sociais.

Os hábitos hixiénicos básicos son:

  • Ducharse regularmente, incluíndo o lavado dos cabelos.
  • Lavar as mans con frecuencia.
  • Cortar as uñas.
  • Manter unha boa hixiene dos pés.
  • Lavar os dentes despois de cada comida.
  • Mudar a roupa e calzado con frecuencia.

Hixiene postural

A hixiene postural ten que ver coa postura na que colocamos o noso corpo cando facemos determinadas actividades como sentar, durmir, levantar pesos, estudar...

Para evitar posibles lesións e axudar a protexer as nosas costas e o lombo, debemos aprender a facelo ben.

A continuación tes un vídeo explicativo no que explican un pouco máis sobre este tema.

Hixiene postural

Lectura facilitada

A hixiene postural é a maneira en que colocamos o noso corpo cando facemos algunhas actividades.

Estas actividades poden ser:

sentar,
durmir,
levantar algo pesado,
estudar.

Se aprendemos a ter boa postura,
podemos evitar lesións
e coidar as nosas costas.

A continuación tes un vídeo explicativo.
Nel cóntanche máis cousas sobre a hixiene postural.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)