Substancias necesarias para o metabolismo dos seres vivos (graxas, proteínas, hidratos de carbono...), que consumimos da auga e dos alimentos.
Exemplo:
Debemos vixiar a cantidade que tomamos de cada macronutriente.
Que ten dentro?
Os alimentos están compostos por diferentes macronutrientes: graxas, proteínas, hidratos de carbono, fibra... Todos os alimentos que se venden envasados traen na súa parte posterior unha etiqueta coa súa información nutricional, ademais dunha lista cos ingredientes que os compoñen (tal e como podes observar na fotografía). Cada macronutriente é necesario para o funcionamento do noso corpo, mais debemos coidar a súa proporción. Cando comprendemos estas etiquetas, podemos deducir se o alimento que imos mercar é máis ou menos saudable.
Lectura facilitada
Os alimentos levan diferentes sustancias. Estas sustancias chámanse macronutrientes.
Os macronutrientes máis importantes son:
as graxas, as proteínas, os hidratos de carbono, e a fibra.
Cando mercamos un alimento envasado, vemos unha etiqueta na parte de atrás do envase.
Nesa etiqueta aparecen dúas cousas:
Os ingredientes, que son os produtos que leva o alimento. A información nutricional, que di canta graxa, proteína, azucre ou fibra ten. O noso corpo necesita todos estes macronutrientes. Pero é importante comelos na cantidade xusta.
Se sabemos ler as etiquetas, podemos escoller alimentos máis saudables.
Audio
Que sabes sobre as etiquetas?
Contesta ás seguintes preguntas para comprobar o que sabes sobre as etiquetas nutricionais dos alimentos.
Su navegador no es compatible con esta herramienta.
Como montar un bo prato?
Unha boa guía que podemos empregar para preparar un prato saudable é o Prato de Harvard. Este, é un modelo dividido en varias partes que nos indican a cantidade que debe haber de cada ingrediente nunha comida para que esta sexa saudable. Clasifica os seguintes ingredientes en función da cantidade dos mesmos que consideras que debería haber nun prato saudable.