Saltar navegación

3. Tira do fío

Debuxo de Ben Star tirando dun fíoPara que poidas deseñar o plan perfecto para ti e a túa familia, Ben Star vaiche dar fíos de moitas cores, unha maraña deles. E ti vas ter que desfacela, tirando de cada un dos fíos para conseguir a información necesaria para acadar o teu benestar.

Para conseguilo non estarás só. Ademais de Ben Star terás un equipo co que poderás contar para superar os DESA-FÍOS FÍSICOS COOPERATIVOS que vos axudarán a saber todo o que necesitades para deseñar o voso plan.

Lectura facilitada

Ben Star vaiche dar fíos de moitas cores, unha maraña deles.

Ti vas ter que desfacer esa maraña.

Tirando de cada un dos fíos,

conseguirás a información que necesitas.

Vas contar ca axuda do equipo

para superar uns DESA-FÍOS FÍSICOS COOPERATIVOS.

Estes desafíos daranvos a información para deseñar o plan perfecto.

Comezamos en 3, 2, 1... Xa!!

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)