Na túa familia
O reto que tiñas nesta situación de aprendizaxe, era mellorar a túa saúde e a da túa familia, elaborando un plan perfecto. Verdade?
Na fase 2, tiveches que reflexionar sobre as rutinas e hábitos que seguides na vosa familia. E durante unha semana rexistraches o que faciades na vosa casa. Lémbraste?
Despois, co teu equipo cooperativo aprendiches un montón de cousas sobre os hábitos saudables. E, con toda esa información, deseñaches UN PLAN PERFECTO para calquera persoa.
Ben, pois agora chega o momento de mellorar o estilo de vida da túa familia: vas adaptar ese plan xeral a túa realidade familiar.
Segue estes pasos:
-
- Colle a folla de rexistro que cubriches ao principio desta situación de aprendizaxe.
- Cotexa as rutinas que tedes na vosa casa coas recomendacións xerais empregando este modelo: documento en formato .odt / documento en PDF.
- Comproba se hai algunha cousa que podedes mellorar.
- Comparte esta información coa túa familia para que vos poidades beneficiar todos desas propostas de mellora.
Seguro que entre todas e todos conseguiredes mellorar esas cousiñas e así gozar dunha boa saúde.
Lectura facilitada
Tes o plan perfecto que fixeches co teu equipo.
Vas adaptalo a túa realidade familiar.
Segue estes pasos:
Colle a folla de rexistro que cubriches na fase 2.
Compara as rutinas que tedes na vosa casa coas recomendacións xerais empregando este modelo: documento en formato .odt / documento en PDF.
Comproba se hai algunha cousa que podedes mellorar.
Comparte esta información coa túa familia.
Seguro que entre todas e todos conseguiredes mellorar esas cousiñas e así gozar dunha boa saúde.