Saltar navegación

5.3. Recompilamos e reflexionamos

Recompilación dos contidos

Ao longo de toda a situación de aprendizaxe, viches distintos contidos que as súas interrelacións. E todos e cada un deles son necesarios para mellorar a saúde e poder conseguir o voso reto. Aquí tedes un pequeno resumo de todos eles, que vos vai facilitar a recompilación da información que traballastes.

Imaxe dun mapa mental con cores representando as relacións entre os contidos aprendidos en Un Plan Perfecto

Reflexionamos sobre os hábitos saudables

Os hábitos saudables son un dos principais aspectos que inflúen na nosa saúde. Estes hábitos son moito máis que comer froitas e verduras e facer algo de exercicio. Unha boa saúde constrúese cun bo descanso, practicando deporte, cunha boa alimentación, manténdonos limpos e limpas, coidándonos e coidando dos demais. 

Agora, reflexionaremos xuntos sobre os seguintes aspectos:

  • Coñeciades todos os hábitos saudables que se traballaron na situación de aprendizaxe?
  • Cal foi o aspecto que máis vos sorprendeu que puidese afectar á nosa saúde?
  • Se temos claro que cousas son as que nos fan mal e cales nos fan ben, por que non é sinxelo ter uns bos hábitos saudables?
  • Facer unha observación das vosas familias axudouvos a decatarvos do que estabades a facer ben e que estabades a facer mal?
  • Credes que elaborar unha rutina visual axuda a ser máis constante cos bos hábitos?
  • Credes que pode existir tamén unha obsesión cos hábitos saudables? Por exemplo: obsesión pola limpeza, non ser capaz de comer algún alimento non saudable de forma puntual, facer deporte todos os días sen descansar etc. Isto é saudable?

Lectura facilitada

Os hábitos saudables son un dos principais aspectos que inflúen na saúde.

Estes hábitos son moito máis que comer froitas e verduras ou facer exercicio.

Unha boa saúde constrúese cun bo descanso, practicando deporte, cunha boa alimentación...

Agora, reflexionaremos xuntos e xuntas:

Coñeciades todos os hábitos saudables?
Cal foi o aspecto que máis vos sorprendeu?
Por que non é sinxelo ter bos hábitos?
Facer unha observación axudouvos a decatarvos do que estabades a facer ben e mal?
Credes que unha rutina visual axuda a ser máis constante cos bos hábitos?
Credes que pode existir unha obsesión cos hábitos saudables?

Por exemplo: obsesión pola limpeza ou non ser capaz de comer algún alimento non saudable de forma puntual.

Isto é saudable?

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)