Precisar dos demais para desenvolverse coma persoas.
Exemplo:
Os seres humanos son seres sociais que conviven con outras persoas.
Vínculo
Definición:
Relacións especiais que establecemos con persoas da nosa contorna.
Exemplo:
Ten un vínculo especial coa súa irmá, enténdense só coa mirada.
Afinidade
Definición:
Entendemento e conexión con outra persoa.
Exemplo:
Ten unha gran afinidade co seu familiar porque comparten afeccións.
O benestar: unha maraña de saúde!
A Organización Mundial da Saúde (OMS) define a saúde como ¨un estado de completo benestar físico, mental e social e non soamente a ausencia de afeccións ou enfermidades¨.
Estes estados de benestar son variables, xa que antes ou despois pódense ver afectados por distintas causas. A pesar diso, é importante coñecer que aspectos poden axudar a melloralos e cales poden ser prexudiciais.
O benestar, polo tanto, depende de moitos "fíos" diferentes: o descanso, alimentación e hidratación, actividade física, autocoidado, hixiene... Aspectos como estes conforman unha maraña que afecta á nosa saúde.
A continuación tes máis información sobre como coidar a túa parte física, mental e social e a relación que teñen unhas coas outras. Toma nota xa que poderás sacar boas ideas para crear o voso Plan perfecto!!
"Estado de completo benestar físico, mental e social e
non soamente a ausencia de afeccións ou enfermidades¨.
O benestar pode verse afectado por distintas causas.
É importante coñecer que hábitos son saudables e cales son prexudiciais.
O benestar depende de moitas cousas diferentes: o descanso, alimentación e hidratación...
Estes aspectos afectan á nosa saúde.
Conseguirás información sobre como coidar todo isto.
Audio
Benestar físico
Ter unha vida activa contribúe a mellorar non só o teu benestar físico senón tamén o mental e o social. Son moitos os beneficios que se obteñen cun estilo de vida no que a actividade física e o deporte estean presentes.
Outros hábitos como durmir o tempo necesario, alimentarte de forma saudable e beber auga tamén axudan a que o teu corpo estea san e forte.
Existen perigos que poden ocasionar problemas de saúde e que serían importante evitar como o abuso das pantallas, pasar moito tempo sen facer actividade física ou non descansar o suficiente.
Agora é o momento de demostrar se sabes como coidar o benestar físico indicando se os seguintes enunciados son verdadeiros ou falsos:
Retroalimentación
Falso
A actividade física contribúe ao benestar físico pero non ten que ver con gañar moitas competicións ou ser un ou unha gran deportista de elite.
Retroalimentación
Verdadeiro
Efectivamente, a actividade física permite que o teu corpo estea máis san e forte e poida realizar tarefas e exercicios físicos con menor esforzo.
Retroalimentación
Falso
A pesar de que che poida gustar ver a televisión ou xogar a un videoxogo, facelo de forma cotiá non é beneficioso para o teu benestar.
Retroalimentación
Falso
Que algo sexa máis cómodo para ti ou que implique menos esforzo non significa que sexa máis saudable. Unha vida activa sempre che achegará maior benestar e mellorará a túa saúde.
Retroalimentación
Falso
Hai moitas actividades físicas que podes facer no teu día a día como subir escaleiras, dar un paseo, andar en bicicleta ou xogar no patio de recreo ás pillas. A actividade física non só está relacionada co deporte.
Benestar mental
Coidar o teu corpo é moi importante pero non o é menos coidar o teu interior. Atoparte ben contigo mesmo/a, poder relacionarte axeitadamente cos demais e gozar facendo aquelas actividades que che gustan.
Comprender como te atopas, aprender a detectar como te sentes e poñerlle nome as emocións pode axudarche a coñecerte mellor e poder reaccionar de maneira máis tranquila e equilibrada cando as cousas non che vaian ben. Canto mellor te coñezas, mellor vas poder manexar as túas emocións. Existen moitas actividades que poden axudarche a sentirte ben como escribir un diario, dar un paseo pola natureza, ler un libro, pasar tempo coas túas amizades...
A continuación expóñense unha serie de situacións onde terás que elixir a opción que consideras máis axeitada para o teu benestar mental.
Os seres humanos somos seres sociais que precisamos dos demais para desenvolvernos como persoas. Vivimos dentro dunhas normas que se deben respectar para que a convivencia sexa a mellor posible e que así o noso benestar social e o dos demais mellore.
Algúns exemplos que poden mellorar o benestar social son: Fomentar valores sociais coma o respecto e a cooperación, crear vínculos positivos, compartir gustos comúns ou desenvolver habilidades sociais como a empatía.
Tes máis información sobre isto nas seguintes páxinas.
Valores sociais
Ter unha actitude de respecto, tolerancia e cooperación cos demais e os demais contigo, vai axudar a que ti e todas as persoas da túa contorna se sintan integradas independentemente da condición de cada unha delas contribuíndo a un mellor benestar.
Crear vínculos
Formas parte de distintos grupos sociais como a familia, o grupo da túa clase, os compañeiros e compañeiras coas que podes compartir unha actividade... Dentro destes grupos vas ter afinidades que che permiten crear lazos de amizade. Crear vínculos positivos con xente coa que te sentes ben axudarache a mellorar o teu benestar social e mental.
Cada persoa ten os seus gustos e preferencias, poder compartir actividades, momentos ou experiencias no teu tempo de lecer con xente que ten as mesmas ca ti pode ser moi satisfactorio e pode axudar a crear novas relacións persoais.
Habilidades sociais
A capacidade de comprender aos demais chámase empatía e é moi importante para que a xente que te rodea se sinta a gusto coa túa compañía, ademais, cando tes un problema, deseguro que che fai sentir ben e agradeces que alguén se preocupe por ti e che axude, por isto, axudar aos demais cando o precisan mellorará o teu benestar e o da xente da túa contorna.
Lectura facilitada
Introducción: Somos seres sociais que precisamos dos demais para desenvolvernos como persoas.
Vivimos dentro dunhas normas para que a convivencia sexa a mellor posible
e que así o noso benestar social e o dos demais mellore.
Algúns exemplos para mellorar o benestar social son:
Fomentar valores sociais coma o respecto e a cooperación,
crear vínculos positivos,
compartir gustos comúns
desenvolver habilidades sociais como a empatía.
Tes máis información sobre isto nas seguintes páxinas.