Saltar navegación

4. Tecendo un gran plan

Debuxo de Ben Star calcetando cos fíos de cores

Despois de todo o visto ao longo desta situación de aprendizaxe, tes toda a información necesaria para poder tecer o plan perfecto para mellorar a túa vida e a da túa familia.

Co teu equipo cooperativo puxeches en práctica as túas habilidades sociais, que agora sabes que é un dos piares básicos para o teu benestar mental. Ademais, fixéchelo nun contexto de actividade física, que tamén contribúe ao teu benestar físico.

Pois ben, despois de ver os efectos positivos no teu benestar físico, mental e social, chega o momento de poñerse mans á obra e rematar o voso traballo cooperativo: deseñar o voso Plan perfecto.

Lectura facilitada

Agora xa tes toda a información necesaria para poder tecer o plan perfecto.

Con el vai mellorar a túa vida e a da túa familia.

Co traballo en equipo traballaches as túas habilidades sociais. 

Axudando así ao teu benestar mental e social.

Fixéchelo a través de desafíos físicos.

Contribuíndo ao teu benestar físico.

Xa viches os efectos positivos no teu benestar físico, mental e social.

Pois só che queda deseñar o plan perfecto co teu equipo e adaptalo a túa familia.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)