É unha folla na que hai que ir apuntando os datos que se solicitan, para poder rexistrar a información necesaria.
Exemplo:
Apuntamos na folla de rexistro as veces que meteu gol cada xogadora e cantas veces fallou cada unha.
Consciente-mente
Despois de todo o que levas vendo, lendo e aprendendo sobre os hábitos saudables, chega o momento de facer unha paradiña e facer unha reflexión entre todos e todas.
Seguramente hai un montón deles que xa coñecías, outros que non tiñas moi claros e, outros, que non sabías.
Sobre os que xa coñecías:
Cales aplicas na túa vida diaria?
E a túa familia?
Cales fas?
Cales non? Por que?
Dos que non sabías:
Sorprendeuche algún?
Por que?
Hai algún que poidas aplicar na túa vida diaria?
Dos que pensabas que facías ben e non é así:
Hai algún que poidas mellorar?
Hai algún que poidas eliminar?
Despois desta reflexión conxunta, vas ver a realidade na que estás ti e a túa familia, para poder facer o teu plan de mellora do Estilo de Vida Activo (EVA).
Ao longo dunha semana, vas apuntar nunha folla de observación (accede ao documento en formato editable (.odt)/ accede ao documento en PDF) os hábitos e rutinas que facedes normalmente na vosa casa. Nela rexistrarás datos como a cantidade de froitas e verduras que comedes, a auga que bebedes, o exercicio físico que facedes, as horas de sono, as veces que lavades os dentes...
Ao final da semana, coa información veraz que recibiches e os teus datos familiares, terás o necesario para poder comezar a crear o Plan perfecto para a túa familia.
Mans á obra!!
Lectura facilitada
Despois de todo o que levas vendo, chega o momento de facer unha paradiña
e facer unha reflexión entre todos e todas.
Seguramente hai un montón que coñecías e outro que non.
Sobre os que xa coñecías:
Cales aplicas na túa vida diaria? E a túa familia? Cales fas? Cales non? Por que?
Dos que non sabías:
Sorprendeuche algún? Por que? Hai algún que poidas aplicar na túa vida? Dos que pensabas que facías ben e non é así:
Hai algún que poidas mellorar? Hai algún que poidas eliminar? Despois desta reflexión vas facer o teu Plan de Mellora EVA.