Saltar navegación

5.1. Compartimos saúde

Para que un plan funcione, temos que seguilo!!

Pictograma que representa unha persoa compartindo unha idea con outraAgora que xa tedes o voso Plan Perfecto elaborado, é momento de dalo a coñecer ao resto da clase e á comunidade educativa. Realizaredes unha pequena exposición na que debedes explicar os seguintes puntos: 

  • Os hábitos non saudables que identificaches nas vosas familias ao principio da situación de aprendizaxe.
  • O proceso de elaboración do voso plan.
  • O formato que empregaches para elaboralo e difundilo (texto dixital, debuxo, medios audiovisuais...).
  • Como o ides a poñer en práctica coa vosa familia.

Normas

Durante unha presentación, a parte do alumnado que non participa, debe prestar atención á explicación dos seus compañeiros e compañeiras. Finalmente, se hai un espazo para preguntas ou para achegas faranse, sempre, dende o respecto e respectando as quendas de palabra.

Lectura facilitada

Agora que xa tedes o voso Plan Perfecto, é momento de dalo a coñecer.

Realizaredes unha pequena exposición na que debedes explicar: 

Os hábitos non saudables que identificaches nas vosas familias ao principio.
O proceso de elaboración do voso plan.
O formato que empregaches para elaboralo e difundilo.
Como o ides a poñer en práctica coa vosa familia.
Normas
Durante a presentación o alumnado que non participa debe prestar atención.

Se hai un espazo para preguntas faranse dende o respecto e respectando as quendas.

Saúde en comunidade

Pictograma que representa unha multitude de persoasAdemais de compartir o Plan Perfecto cos compañeiros e compañeiras de clase, necesitamos que chegue ao máximo número de persoas posible. Para iso, debemos facer uso das ferramentas que temos á nosa disposición para que este plan chegue a toda a comunidade educativa e que teñan a oportunidade de poñelo en práctica e mellorar o seu estilo de vida!

Podes colocar o produto final na páxina web do cole, nun blog que utilicedes habitualmente, pedirlle ao profesorado que o suban ás redes sociais do centro, á canle de YouTube, entre outras. Non ten que facerse soamente na rede, tamén se pode por outras vías: unha presentación na biblioteca, unha xornada de convivencia coas familias na que explicades o plan...

Calquera proposta que sirva para difundir saúde é sempre unha boa idea!

Lectura facilitada

Xa tedes feito o voso Plan Perfecto.
Agora é importante compartilo cos demais.

Primeiro, podedes presentalo na clase
para que todos os compañeiros e compañeiras o coñezan.

Tamén queremos que chegue ao maior número de persoas posible.

Podedes usar varias ferramentas:

Subilo á páxina web do colexio.
Compartilo nun blog da aula ou do centro.
Pedirlle ao profesorado que o publique nas redes sociais do colexio ou na canle de YouTube.

Tamén o podedes compartir fóra de internet:

Facer unha presentación na biblioteca do centro.
Organizar unha xornada de convivencia coas familias onde expliquedes o voso Plan Perfecto.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)