Seguramente comezas a entender o que está a pasar, pero fáltanche cousiñas que saber ou que aclarar. Por iso, nesta parte, vas ver o que sabes e o que non. E vas comezar a atar os cabos que che vai dando Ben Star para chegar a entender como o que facemos ou deixamos de facer, afecta ou contribúe a nosa saúde.
Lectura facilitada
Para entender o que está a pasar, necesitas saber ou que aclarar cousiñas.
Nesta parte, vas ver o que sabes e o que non.
E comezarás a "atar cabos", a entender que é a saúde.
Ben Star vaiche dar as pistas para chegar a entendelo.
Adiante! Ata cabos!