Saltar navegación

1.3. Obxectivos e metas

 

Glosario

Discriminación

Pictograma que representa discriminación

Definición:

Rexeitar a alguén pola súa condición.

Exemplo:

Rexeitar a alguén pola súa condición física, de xénero ou de orixe é discriminar.

Hábito

Pictograma que representa os hábitos alimenticios

Definición:

Conduta ou acción que se realiza con frecuencia no tempo.

Exemplo:

Os bos hábitos de alimentación contribúen a ter unha boa saúde.

Relacións interpersoais

Pictograma que representa relacións entre persoas

Definición:

Son as relacións existentes entre dúas ou máis persoas en distintas situacións.

Exemplo:

Melloraron as súas relacións interpersoais grazas a comunicación.

Rutina

Pictograma que representa un calendario semanal

Definición:

Actividades habituais que seguen unha orde establecida.

Exemplo:

Antes de comezar a sesión temos a rutina de facer o quecemento.

Obxectivos

Imaxe dun dardo no centro dunha diana

  1. Recoñecer os efectos beneficiosos dun estilo de vida activo e saudable.
  2. Fomentar condutas e comportamentos que melloren a saúde física, mental e social.
  3. Afianzar hábitos e rutinas sobre o coidado do corpo e a hixiene persoal.
  4. Coñecer e poñer en práctica medidas básicas de seguridade e primeiros auxilios na práctica deportiva.
  5. Desenvolver habilidades sociais traballando en equipo fomentando a resolución pacífica de conflitos.
  6. Realizar actividades en equipo de xeito cooperativo para mellorar as relacións interpersoais.

Lectura facilitada

  • Recoñecer os beneficios dun estilo de vida saudable.
  • Fomentar comportamentos que melloren a saúde física, mental e social.
  • Afianzar hábitos  sobre o coidado do corpo e a hixiene.
  • Poñer en práctica medidas básicas de seguridade.
  • Desenvolver habilidades sociais fomentado a resolución pacífica de conflitos.
  • Realizar actividades cooperativas para mellorar as relacións.

Que vas aprender?

pictograma de catro persoas aseándose

Afianzar hábitos e rutinas sobre o coidado do corpo e a hixiene persoal.

Pictograma de catro brazos entrelazados con símbolos dentro sobre a inclusión

A traballar en equipo sen discriminación nin rexeitamentos de ningún tipo.

Pictograma de persoas con hábitos de saúde como auga ou comer froita

A elaborar un plan no que se promovan hábitos saudables para unha vida sa.

Pictograma dunha persoa enriba doutra facendo unha masaxe cardíaca

A aplicar medidas básicas de primeiros auxilios en diferentes situacións.

Pictograma dunha persoa botando as mans ás costas con dor

A adoptar medidas de seguridade para previr lesións e accidentes na práctica deportiva.

Pictograma dun ordenador portátil

A traballar con ferramentas dixitais na área de Educación Física. 

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)