Saltar navegación

2.2. Máis vale previr que curar

 

Glosario

Urxencia sanitaria

Pictograma dunha persoa en padiola sendo levada por dúas persoas a un hospital

Definición:

Situación que pon en perigo a saúde dunha persoa.

Exemplo:

A febre subiu tanto que ocasionou unha urxencia sanitaria.

Servizo sanitario

Pictograma dun hospital cunha ambulancia diante.

Definición:

Conxunto de profesionais e recursos sanitarios para atender problemas de saúde.

Exemplo:

Sufriu unha caída que obrigou a chamar aos servizos sanitarios.

Inconsciente

Pictograma dunha persoa tirada no chan

Definición:

Perda da consciencia, incapacidade de responder a estímulos.

Exemplo:

O golpe na cabeza deixou a persoa inconsciente.

Pulso

Pictograma de dous dedos sobre o pulso

Definición:

Cada latido que fai o corazón para bombear sangue.

Exemplo:

A carreira aceleroulle o pulso.

Siglas que salvan vidas

Existen unha serie de actuacións que tes que coñecer para poder axudar á xente ante unha situación de urxencia sanitaria.

É posible que nalgún momento da túa vida teñas que socorrer a alguén sufriu un accidente, cando isto ocorre, é moi importante manter a calma para aplicar do mellor xeito posible as pautas de actuación. O coñecemento e seguimento destes pasos axudaranche a ofrecer a mellor axuda posible e da forma máis segura.

Pon a proba os teus coñecementos elixindo unha das seguintes tarefas onde terás que amosar canto sabes sobre os primeiros auxilios:

Lectura facilitada

Existen unha serie de actuacións que tes que coñecer para poder axudar á xente ante unha situación de urxencia sanitaria.

Nalgún momento da túa vida pode ser que teñas que socorrer a alguén.

É moi importante manter a calma.

O seguimento destes pasos axudaranche a ofrecer a mellor axuda posible e da forma máis segura.

Pon a proba os teus coñecementos.

Elixe unha das seguintes tarefas para amosar canto sabes sobre os primeiros auxilios:

Opción A - Conduta PAS ante unha persoa inconsciente

Pictograma dunha persoa tirada no chan sen coñecementoComo se dixo anteriormente, cando unha persoa sofre un accidente, debemos de actuar seguindo uns pasos que se recomendan para que a nosa actuación poida a axudar ao accidentado ou accidentada da forma máis segura posible procurando non empeorar a situación.

A continuación tes que ordenar os pasos que deberías seguir se te atopas nunha situación na que unha persoa perde o coñecemento. 

  • Manter a tranquilidade antes de actuar.
  • Protexer ao accidentado e ás persoas que interveñan.
  • Oír, ver e sentir se a persoa respira.
  • Avisar a unha persoa adulta se é posible.
  • Chamar ao teléfono de Emerxencias (112 ou 061).
  • Se respira e ten pulso pero segue inconsciente colocar a vítima en posición lateral de seguridade.
  • Esperar a axuda dos servicios sanitarios mantendo a comunicación se fose preciso.

Comprobar

Correcto! A resposta máis axeitada seguindo as pautas PAS (Protexer, Avisar e Socorrer é)

202541194240-120
Actividade non completada#Actividade superada. Puntuación: %s#Actividade non superada. Puntuación: %s#Lista desordenada

A resposta máis axeitada seguindo as pautas PAS (Protexer, Avisar e Socorrer é)

Opción B - Elixe a opción correcta

Pregunta

Cando nos referimos a OÍR/SENTIR/VER nunha urxencia, referímonos a...

Respostas

Mirar para a vítima sen intervir.

Axudarlle a incorporarse o máis apresa posible.

Achegarnos a vítima e comprobar se ten respiración.

Retroalimentación

Pregunta

Cando hai unha urxencia seguiranse os pasos da conduta PAS que significan...

Respostas

Protexer- Avisar- Socorrer

Pasar- Aguantar- Socorrer

Permitir- Avisar- Silvar

Retroalimentación

Pregunta

Unha persoa está inconsciente no chan e ves que ten respiración, o mellor sería...

Respostas

Aplicar a manobra de Heimlich.

Poñela en posición lateral de seguridade.

Aplicar a reanimación cardiopulmonar.

Retroalimentación

Pregunta

Cando nos atopemos ante unha urxencia deberemos chamar a...

Respostas

O número da casa da vítima.

Número de urxencias (061 ou 112).

Non chamar a ninguén, só atender é persoa accidentada.

Retroalimentación

Pregunta

Nunha situación de urxencia, a P de protexer refírese a...

Respostas

Protexer a persoa accidentada.

Protexerte a ti e o lugar.

Protexer o lugar dos feitos, a persoa accidentada e a persoa que intervén.

Retroalimentación

Opción C - Saberías actuar cando unha persoa perde a consciencia?

Escribe as palabras que faltan nos ocos ante os pasos a seguir nunha urxencia onde a persoa accidentada perda o coñecemento:

Pictograma dunha cruz vermellaSe te atopas cunha situación na que a persoa accidentada perde a consciencia, deberás seguir os seguintes :

Aplicar a conduta (Protexer- Avisar- )

1) Protexer o do accidente, protexer á que sufriu o accidente e protexer á persoa que intervén.

2) aos servizos de emerxencia chamando ao número de emerxencias sanitarias (061) ou ao número de urxencias xerais (112)

3) Facer a manobra fronte- queixo para abrir as vías

4) Comprobar a respiración (Oír- -Ver).

5) Se ten pulso e respira pero segue

- Colocala de posición (Posición lateral de seguridade)

- Revisar de forma continúa se a persoa segue

- Esperar aos de urxencia mantendo a calma.

Activar JavaScript

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)