Diario de aprendizaxe

Nesta fase aprendiches a distinguir entre os hábitos saudables e non saudables e a relación que teñen os estados de benestar físico, mental e social coa saúde así como a importancia de ter unha preparación axeitada para poder aplicar os primeiros auxilios cando se presente unha urxencia.
Os beneficios dunha alimentación saudable e equilibrada, a importancia de durmir o tempo necesario xunto cos hábitos de hixiene persoais e posturais foron outros coñecementos que adquiriches realizando os distintos retos cooperativos. Todo isto será de grande axuda para elaboración do plan de vida activa e saudable.
Sobre estes aspectos deberás recoller as túas impresións no teu diario de aprendizaxe. Recorda! cubrir este diario axudarache a saber como estás a aprender!!
Lectura facilitada
Chegou o momento de que cubras os apartados da Fase 3 do diario de aprendizaxe.
Nesta fase aprendiches a distinguir entre os hábitos saudables e non saudables
a relación dos estados de benestar físico, mental e social coa saúde
así como a importancia dos primeiros auxilios
A alimentación e os hábitos hixiénicos persoais, do sono e da postura
foron outros coñecementos que adquiríches
realizando distintos retos cooperativos.
Sobre todos estes aspectos deberás recoller as túas impresións.
Cubrir este diario axudarache a saber como estás a aprender!!