Saltar navegación

O glosario

Aprende a facer unha lista de definicións

Paxaro lendo nun dicionario

Cantas veces estás lendo un texto e atopas palabras que non coñeces ou cuxo significado non recordas? Isto é normal que suceda.

Cando atopas unha palabra nova, o habitual é buscar o seu significado nun dicionario ou nun buscador web. 

Con frecuencia hai moitas palabras descoñecidas, e pode resultar complicado recordalas todas elas. Por iso, tes que usar un glosario, é dicir, unha lista de palabras importantes que aparecen nun texto e que axuda a comprendelo.

Que debe incluír nun glosario

Definición da palabra

As palabras do glosario levan unha definición clara do seu significado.

Debuxo ou foto

Esta definición vai apoiada con debuxos ou fotos.

Frase cun exemplo

Por último, achégase unha frase curta de exemplo para entender mellor o seu uso nun contexto.

Colocación en orde alfabética

Para facilitar a busca, as palabras sempre deben ir ordenadas alfabeticamente.

Exemplo dun glosario sobre planetas:

Marte

Pictograma do planeta Marte

Definición:

É o cuarto planeta do sistema solar, coñecido como “planeta encarnado” pola súa cor vermella que lle provén do ferro da súa superficie.

Exemplo:

Na superficie de Marte pódense atopar moitos volcáns.

Mercurio

Pictograma do planeta Mercurio

Definición:

Mercurio é o planeta que máis cerca está do Sol. Tamén é o máis pequeno do sistema solar.

Exemplo:

Mercurio está moi cerquiña do Sol, alí vai moita calor.

Xúpiter

Pictograma do planeta Xúpiter

Definición:

Xúpiter é o quinto planeta con respecto ao Sol. É o maior en canto a tamaño dos planetas do noso sistema solar.

Exemplo:

O planeta Xúpiter ten moito hidróxeno.

Onde adoitan estar os glosarios

Os glosarios comunmente están ao final dos libros de texto, das enciclopedias ou doutros documentos educativos ou de investigación.

Finalidade

Recordar máis facilmente as palabras novas e atopalas rapidamente se as esqueces no futuro.

Exemplos de dicionarios

Dicionario da Real Academia Galega

Moi útil ademais para: bibliografías, glosarios, nomes en galego...

https://academia.gal/dicionario

Dicionario Digalego

Neste dicionario poderás consultar: sinónimos, refráns, abreviaturas...

https://digalego.xunta.gal/


Ademais dos dicionarios físicos que podes consultar no colexio ou en calquera biblioteca.

Tamén existen dicionarios online:

Feito con eXeLearning (Nova xanela)