Saltar navegación

3.1. A investigación e a iniciativa científica

Sabes o que é unha investigación científica?

Neno cuns prismáticos

Unha investigación científica é un proceso que lle axuda ás persoas a comprender mellor os sucesos e os fenómenos que os rodean.

É tan sinxelo como observar algo que está sucedendo, pescudar todas as causas que o producen, e achegar a solución máis axeitada.

É como ser un detective que busca dar respostas aos seus casos. Non si?

Lectura facilitada

A investigación científica axuda a entender mellor o que sucede ao noso arredor.

Moi parecido a como un detective intenta resolver os seus casos.

Segue estes pasos de forma ordenada para facer unha correcta investigación científica

Lectura facilitada

Pasos para facer unha correcta investigación científica:

  • Observa.
  • Formula preguntas.
  • Planifica.
  • Analiza e organiza os datos.
  • Elabora imaxes, gráficos ou debuxos para que che axuden a explicar os resultados.
  • Comparte o que pescudaches cos demais.
  • Reflexiona sobre o aprendido.

Como facer preguntas en galego

Seguidamente poderás ver un vídeo sobre como facer preguntas correctamente en galego.

Este vídeo foi extraído da canle do DígochoEu de YouTube.

Lectura facilitada

Aprende a preguntar en galego.

1ª norma

Para preguntar en galego, nunca, nunca, nunca lle poñas acento a: quen, cando, onde, por que, como...

2ª norma

En galego, cando usamos estas partículas (quen, cando...) o pronome vai sempre antes do verbo.

Exemplo: Como te chamas?

3ª norma

Pon, preferiblemente, o signo de interrogación ou de exclamación só ao final.

Exemplo: Como te encontras?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)