Coñeces o que é a propiedade intelectual?

Sabes que invento é a imaxe que estás a ver?
Si, é o motor dunha locomotora a vapor.
As persoas, coas súas investigacións e os seus inventos crean: produtos, cancións, libros, ideas, cadros...
Para protexer as novas ideas destas persoas, creouse a propiedade intelectual.
A propiedade intelectual son as leis que protexen as novas creacións que fan as persoas.
Estas creacións poden ser: ideas, obras de narrativa, logotipos, símbolos... e divídense en varios tipos de propiedades. Pica no seguinte botón para velos.
Audio
Tipos de propiedade intelectual
Dereitos de autor
Protexen aos creadores e creadoras de novelas, artigos dixitais, contos, cadros, imaxes, películas...
Por exemplo se ti escribes un libro ou fas unha boa fotografía, ninguén pode usar parágrafos do libro sen o teu permiso e tampouco pode publicar a túa foto sen o teu permiso.
Patentes
É un documento oficial que protexe inventos.
Se ti inventas, por exemplo, un novo instrumento podes rexistrar o instrumento e obter a patente para que ninguén o poida facer igual ca ti ou usando o teu método.
Marcas rexistradas
Protexen: nomes, títulos, selos ou logotipos (imaxe do teu produto).
Por exemplo, un debuxo coas iniciais dunha empresa á que representa é un logotipo, non pode ser usado por outra empresa para facer outro deseño para un logotipo.



