Si, si, a túa voz ten moito poder!

Imaxina que tes unha chave máxica que pode abrir todas as portas que desexes.
Imaxina que esa chave máxica son as túas palabras e que podes facer que entren en todas as mentes.
Con cada palabra que unas a outra, con cada parágrafo que pronuncies, poderás conectar con outras persoas e compartir as túas ideas.
Gustaríache poder facer iso? Prepárate para expresarte perfectamente! Continúa lendo para usar esa chave máxica da que dispós.
Adiante!
Lectura facilitada
Tes unha chave máxica.
A chave abre todas as portas.
A chave máxica son as túas palabras.
Todos escoitan as túas palabras.
Coas túas palabras podes comunicarte cos demais.
Prepárate para expresarte correctamente.
Emprega a túa chave máxica.