Saltar navegación

2.3. Un pouco de xeografía

 

Glosario

Astrolabio

Astrolabio iraní

Definición:

Instrumento astronómico usado antigamente para determinar a posición dos astros.

Exemplo:

O astrolabio é un instrumento moi antigo.

Astrónomo/a

Astrónomo con un telescopio

Definición:

Persoa que se dedica á astronomía.

Exemplo:

Ramón María Aller foi un gran astrónomo galego. 

Hipatia de Alexandría dávos a benvida

Retrato de Hipatia de Alexandría

Boas!

O meu nome é Hipatia de Alexandría e fun unha gran astrónoma que vivín hai moito tempo en Exipto.

Nesa época, as persoas non sabían tanto sobre o espazo como o sabemos hoxe, pero eu era moi curiosa e estudei moito sobre as estrelas, os planetas e o ceo.

Unha das cousas que fixen foi ensinar a outros sobre a astronomía.

Usaba un instrumento chamado "astrolabio" para estudar as estrelas e os movementos dos planetas.

Lectura facilitada

Boas!

O meu nome é Hipatia de Alexandría.

Fun unha astrónoma que vivín en Exipto.

Estudiei sobre as estrelas, os planetas e o ceo.

Interesante!

  1. Hipatia foi unha das primeiras mulleres matemáticas da historia.
  2. Escribiu sobre xeometría, álxebra e astronomía.
  3. Deseñou diversos instrumentos científicos (incluído un astrolabio plano, empregado para determinar as posicións das estrelas sobre a bóveda celeste).
  4. Inventou un densímetro, por iso está considerada como unha pioneira na historia das mulleres na ciencia.

Observa algúns instrumentos que nos permiten coñecer o mundo

Ampliamos coñecemento!

Agora tócache a ti!

1º - Busca e escribe no teu caderno a definición de cada un dos instrumentos citados anteriormente.

2º - Escribe no teu caderno de clase dous instrumentos diferentes aos anteriores e escribe ao seu carón a súa definición.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)