Saltar navegación

4. Quenda final!

Chegando ao final

Rapaza cruzando unha metaAgora xa sabes moitas cousas sobre o noso planeta Terra, e o Universo.

Xa coñeces como se creou o Sistema Solar, como evolucionou a Terra, como apareceu o ser humano sobre a superficie da Terra. Tamén coñeces como a súa aparición fixo cambiar o clima por mor da contaminación.

Agora xa estás preparado ou preparada para facer un estudo do lugar no tempo ao que queres viaxar, aplica todo o aprendido para poder explicar aos teus compañeiros e compañeiras o lugar escollido e por que o escolliches.

Prepara todo para o primeiro reto final!

Segue os consellos que veñen deseguido.

Fai un esquema organizativo

Cantos pasos levas dado!

Para facer o Reto final, a liña do tempo, o podedes facer ben cunha exposición ou presentación de fotos, xa sexa con papel continuo ou mediante o ordenador, vos propoñemos outro xeito de facelo, sería por medio dun lapbook.

Máis abaixo explicamos como se elabora.

Atréveste a facelo?

Instrucións

Para organizar o que aprendestes na fase 3 e facilitar a súa lembranza, propomos o seguinte mini reto: facer un esquema organizativo en colaboración cos teus compañeiros e compañeiras.

Instrucións:

Organización

Formade grupos de entre 4 ou 6 estudantes.

Reparto de apartados

Distribuíde os apartados da fase 3 entre os compoñentes do grupo. Por exemplo, se sodes 4, cada persoa pode encargarse dun punto do 3.1 ou do 3.2.

Tarefas en cada apartado

Identificar as palabras clave.

Resumir as ideas principais e proporcionar unha pequena definición de cada idea.

Forma de presentar ante a clase

Podedes presentar o voso esquema en forma de mural, incluso pegando varias cartolinas ou facendo un lapbook.

Recordade escribir só a información importante, engadir algún exemplo e foto e decorar de forma creativa e sinxela.

Medre a creatividade!

Como facer un lapbook

Feito con eXeLearning (Nova xanela)