Saltar navegación

É a túa quenda!

Practica ti!

Serás capaz de ordenar os pasos correctamente. Inténtao!

  • Observación
  • Formulación de preguntas
  • Planificación
  • Análise dos datos
  • Comunicación do resultados
  • Reflexión final

Comprobar

Correcto! Canto aprendiches!

20241130161656-60
12345
Actividade non completada#Actividade superada. Puntuación: %s#Actividade non superada. Puntuación: %s#Lista desordenada

A resposta correcta é:

Enche os ocos

Le o seguinte parágrafo e escribe as palabras que faltan para facer ben unha investigación científica.

A investigación científica é un proceso que lle axuda ás persoas a mellor os sucesos e os fenómenos que os .

Os pasos para facer unha boa investigación científica son os seguintes:  , formular , facer unha boa , analizar os  con rigor,  os datos cos demais e por último facer unha  do aprendido.

Activar JavaScript

Traballade en pequenos grupos

Nenos e nenas traballando en equipo

Traballar en grupo é moi divertido!

Imos facer unha investigación en conxunto para traballar a iniciativa, a curiosidade, a constancia, sen esquecernos do sentido da responsabilidade.

Seguide estas instrucións de forma ordenada

Formar grupos

Grupos pequenos de 4 persoas. Co traballo en equipo apréndese moito!

Escoller o tema

Cada grupo debe elixir un tema de interese que suceda no planeta Terra.

Hai 4 temas que se prestan xenial para traballar. Analizade:

  • Algún fenómeno natural.
  • Os efectos do cambio climático.
  • A contaminación.
  • A orixe da Terra.

Iniciar o proxecto

Para iniciar o proxecto, os integrantes dos grupos deben investigar sobre o seu tema usando diferentes fontes, coma por exemplo: libros escolares, motores de búsca en Internet, artigos dun xornal ou entrevistas.

Facer preguntas sobre o tema

  • Que é o máis importante do tema?
  • Que é o que deberiamos explicar previamente para que os demais comprendan o noso proxecto?
  • Onde atopar unha información fiable?

Distribuír o traballo

Dentro do grupo, os integrantes deben facer unhas tarefas concretas. Cada integrante debe coñecer ben:

  • Que é o que debe buscar: definir con claridade a información que cómpre buscar.
  • Cando debe ter feito o seu traballo: acordar un mesmo prazo para acabar a tarefa.

Presentar o traballo ante a clase

Todos os membros do grupo deben participar activamente na presentación da súa investigación.

Deben usar carteis, fotos ou algunha presentación dixital para apoiar as súas explicacións.

Todos e todas deben falar o suficientemente alto e con claridade.

Reflexión e mellora

Unha vez acabada a presentación, toca preguntar ao resto da clase para recibir retroalimentación:

  • Que foi o que aprenderon sobre o tema?
  • Como se sentiron coa exposición grupal?
  • Que foi o que máis e o que menos lles gustou?
  • Foi útil a presentación para aplicala a aspectos da vida cotiá?

Agora autoavalíate. Investigación científica

Le cada pregunta e puntúa cada criterio do 1 ao 3, sendo 1 non conseguido e 3 conseguido. Por favor, recorda ser sincero.

Escala de autoavaliación sobre unha investigación científica
 123
Fixen observacións pausadas e precisas sobre o fenómeno a investigar.Non conseguido (1)Pouco conseguido (2)Conseguido (3)
Fixen preguntas suficientes e claras para argumentar a miña investigación.Non conseguido (1)Pouco conseguido (2)Conseguido (3)
Planifiquei os pasos de forma ordenada.Non conseguido (1)Pouco conseguido (2)Conseguido (3)
Recollín os datos suficientes para obter conclusións.Non conseguido (1)Pouco conseguido (2)Conseguido (3)
Analicei os datos con rigor, é dicir, analicei coidadosamente os datos obtidos.Non conseguido (1)Pouco conseguido (2)Conseguido (3)
Comuniquei os datos de forma sinxela e clara. Usei imaxes, gráficos...Non conseguido (1)Pouco conseguido (2)Conseguido (3)
Reflexionei e pensei sobre o aprendido.Non conseguido (1)Pouco conseguido (2)Conseguido (3)

Proxecto cREAgal. Escala de autoavaliación sobre unha investigación científica (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Fai uso da biblioteca

A biblioteca é unha gran fonte de información.

Nela poderás encontrar moitos contos e literatura de tipoloxía informativa.

Animámoste a visitar a túa biblioteca e mergullarte en libros relacionados co tema.

E ti que pensas?

Imaxe dunha nena pensando
  • Cres que é importante facer investigacións científicas?
  • Colaboraches de forma activa para facer o traballo en grupo?
  • Cres que é necesario obter unha retroalimentación para mellorar a nosa aprendizaxe?
  • É máis importante falar ou escoitar?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)