Saltar navegación

É a túa quenda!

Fabricamos un foguete

Preme nesta imaxe e descubrirás o segredo para fabricar un foguete caseiro!

Podes utilizar cartolinas ou adhesivos para que o teu sexa o máis molón surcando o espazo sideral!

Foguete encarnado

Pensa

Tras coñecer un pouquiño mellor a teoría da orixe do Universo, proba a reflexionar sobre as seguintes preguntas:

  • Se non sabemos cando deixará de medrar o Universo, poderiamos dicir que o Universo é "infinito"?
  • Se puideses viaxar no tempo, que che gustaría ver do momento do Big Bang?
  • Crees que hai máis universos ademais do noso?

Podes debater as túas hipóteses cos teus compañeiros, e rexistralas no teu caderno!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)