Saltar navegación

2. Todo o que sei

Que sabes do mundo no que vives?

Cadro que representa planetas, foguetes e astronautas no espazo

Boas, compañeiro ou compañeira!

Dámosche a benvida a esta fascinante viaxe que farás para coñecer o mundo no que vives.

Persoeiros como Stephen Hawking, Hipatia de Alexandría e Nicolás Copérnico xa viaxaron fai moitos anos para descubrir como funciona o universo.

Agora tócache a ti seguir descubrindo o mundo que te rodea. 

Tes todo preparado para comezar?

Físico teórico, astrofísico, cosmólogo e divulgador científico

Filósofa e mestra

Stephen Hawking

Naceu en Oxford o 8 de xaneiro de 1942.

Faleceu en Cambridge o 14 de marzo de 2018.

Foi físico teórico, astrofísico, cosmólogo e divulgador científico.

Hipatia de Alexandría

Naceu entre o ano 355 e o 370 en Exipto.

Faleceu en Marzo do ano 415 en Exipto.

Foi filósofa e mestra.

Nicolás Copérnico

Naceu o 19 de febreiro de 1473 no Reino de Polonia.

Faleceu o 24 de maio de 1543 no Reino de Polonia.

Foi matemático, astrónomo e canónigo católico.

Canto sabedes?

  • Que é o Universo?
  • Sabes como está organizado o mundo no que vives?
  • Coñeces que forma parte do sistema solar?
  • Que sabes do planeta Terra?

Para coñecer canto sabedes sobre o Universo, escribide unha ou dúas ideas de forma individual nun post-it e,  unha vez que o teñades, ide pegándoos nun anaco de papel continuo e explicando en voz alta o que escribistes. Desta maneira teredes unha visión xeral de todas as vosas ideas previas sobre o Universo. 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)