Saltar navegación

É a túa quenda!

Sacarás máis dun 7 neste exame?

Pregunta

De que expresión inglesa procede a sigla URL?

Respostas

Uniform Resource Locator

Uniform Resolution Locator

Pregunta

Cando un enderezo web comeza por https:// é un sinal de que é un lugar seguro?

Respostas

Si

Non

Pregunta

Se atopas este símbolo no URL, que quere dicir?

Pictograma cadeado de cor negra

Respostas

É un cadeado. Adoita estar ao principio do URL e indica que é un sitio web fiable. Os teus datos están protexidos.

É un cadeado. Ponllo a unha cancela para que non entre ninguén.

Pregunta

Que adoitan roubar os cibercarrachos?

Respostas

Teclados, ratos, pantallas, cadeiras...

Datos persoais, e-mails, números de contas bancarias.

Pregunta

Moitos dos cibercarrachos son estranxeiros, o que podes facer é meter no teu contrasinal un Ñ ou un Ç.

Respostas

Correcto. Xa que estes caracteres son usados unicamente no galego e no portugués

Falso, iso dá o mesmo. Podo por as letras e as palabras que queira.

Activar JavaScript

Amosa os teus cibercoñecementos

De seguido, tócache participar.

  • Sabías tantas palabras con ciber? 
  • Coñeces agora a importancia de navegar seguro?
  • Cres que é necesario protexer as ideas das persoas creadoras?
  • Despois destas actividades, serías capaz de ensinar aos maiores a navegar de forma segura?

Despois de reflexionar, compartimos

Para coñecer canto sabedes sobre a ciberseguridade, escribide unha ou dúas ideas de forma individual nun post-it ou nun caderno.

Unha vez que o teñades, ide pegándoos nun anaco de papel continuo e explicando en voz alta o que escribistes.

Desta maneira teredes unha visión xeral de todas as ideas previas que temos sobre os perigos do ciberespazo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)