Saltar navegación

A medio camiño

A medio camiño

Moi bo traballo! Xa estás a medio camiño de chegar ao teu destino!

Xa sabes que a Vía Láctea é unha galaxia que está no Universo, e que o sistema solar dentro dela acolle ao planeta Terra.

Nós vivimos no continente europeo e, máis concretamente, en España.

Serías capaz de dicir alo menos outros 5 lugares nos que vives?

Unha chuvia de ideas entre toda a clase seguro que vos axuda a andar o camiño! Aquí tendes algunhas pistas:

  • En que territorios se divide España?
  • Cantas provincias temos en Galicia?
  • Como se chama o teu concello?

Tarefa

Despois da choiva de ideas propoñémoste unha serie de retos, cada un máis complexo que o anterior:

Opción A

Escribe todos os lugares que ocupas no Mundo, desde o Universo ata a túa casa.

Opción B

Engade información á secuencia anterior, por exemplo:

  • Describe a túa rúa ou casa.
  • Cóntanos algún detalle da túa vila.
  • Busca en que parte do globo terráqueo se atopa o teu país.

Opción C

Imaxina por un intre que en realidade o teu nome é Desmond e vives en Victoria Road, a rúa máis fermosa de Cidade do Cabo.

Serías quen de facer a secuencia dos teus lugares no Mundo partindo desta información?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)