Saltar navegación

É a túa quenda!

Un paseo pola bisbarra

Coñecer a nosa contorna é o primeiro paso para protexela. 

Se sabes cales son as especies vexetais e animais que viven ao noso carón, será moito máis sinxelo protexelas, agora e nun futuro.

Propoñémosche a seguinte actividade:

Busca un espazo natural preto da túa casa. Pode ser un parque, un monte ou mesmo un paseo fluvial.

Investiga antes de saír sobre as especies vexetais e animais que podes atopar alí.

Fai unha andaina polo lugar elixido, rexistrando toda a información que poidas relativa á súa biodiversidade:

  1. Escribe o nome das especies que atopes.
  2. Debúxaas no teu caderno.
  3. Podes tamén facer un rexistro fotográfico.
  4. Ordena a información e conta ao resto da clase os teus descubrimentos.

De seguro te sorprendes dos segredos que agochan os espazos naturais que te arrodean!

O teu gran de area

Reflexiona sobre a biodiversidade cos teus compañeiros...

Tes algunha idea para protexer o ecosistema no que vives? Aí vai algunha...

  • Facer unha horta na casa.
  • Colocar carteis identificando as especies da fauna e da flora da túa contorna.
  • Colocar casiñas para paxaros nos espazos naturais próximos.

Se pos en práctica estas e outras ideas semellantes, seguro que a túa contorna natural estará máis protexida!

Diario de aprendizaxe

Icona de diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un caderno co logotipo do proxecto na tapaPensa un pouquiño e reflexiona co diario de aprendizaxe.

  • Eras consciente dos perigos do ciberespazo?
  • Como te sentirías se alguén se apropiara de algo creado por ti?
  • Pensas que debes respectar as obras e os inventos das demais persoas?
  • Que farás a partir de agora cando navegues?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)