Glosario
Atmosfera
-
Definición:
-
Capa de aire que arrodea a Terra.
-
Exemplo:
-
A contaminación dos coches é prexudicial para a atmosfera da Terra.
Átomo
-
Definición:
-
Cada parte invisible, inalterable e indeformable que constitúe a materia.
-
Exemplo:
-
Ao principio do Universo soamente había uns poucos átomos de materia.
Biodiversidade
-
Definición:
-
Diversidade de especies vexetais e animais nun ecosistema.
-
Exemplo:
-
A biodiversidade é fundamental para a vida na Terra.
Contaminación luminosa
-
Definición:
-
Alteración da escuridade natural do medio nocturno producida polas emisións artificiais de luz.
-
Exemplo:
-
A contaminación luminosa está a interferir na vida de moitas especies animais.
Ecosistema
-
Definición:
-
Conxunto de seres vivos, de orixe animal ou vexetal que conforman unha comunidade integrada, así como o medio natural no que desenvolven a súa vida.
-
Exemplo:
-
O ecosistema das dunas de Panxón está desaparecendo pola acción do home.
Sideral
-
Definición:
-
Relativo ou pertencente ás estrelas.
-
Exemplo:
-
O astronauta percorreu o espazo sideral na súa nave.
