De principio a fin
Arrastra cada carta ata a súa posición correcta.
Arrastra cada carta ata a súa posición correcta.
Ben, agora que xa coñeces todos os pasos que distan desde o universo ata a porta da túa casa, é hora de transformar esa información nun formato que te axude para o reto que te propoñemos a continuación: contarlle a túa clase "O teu lugar no mundo".
O primeiro paso consiste en deseñar ese formato. Debes atopar un modo no que cada espazo conteña o seguinte. Aquí tes algunhas ideas:
Investiga sobre cada lugar. Pasos a seguir:
O primeiro será recuperar o listado que elaboraches na actividade A medio camiño.
Recompila a seguinte información de cada un deles:
Unha vez elixido o formato, soamente queda darlle forma á túa idea. No seguinte documento atoparás algunhas imaxes que te poden axudar co teu proxecto, así como unhas tarxetas de exemplo. Preme na icona da carpeta para abrilo.
Cóntalles aos teus compañeiros e compañeiras cal é o teu lugar no Mundo. Lembra todo o aprendido sobre exposición oral na fase anterior, e seguro que todos escoitarán embelesados a túa historia!
Cando elabores o teu pequeno proxecto, ten en conta que deberá cumprir con estes requisitos:
Xa coñeces ben a estrutura que define o teu lugar no mundo, desde o Universo ata ti mesmo. Pero cada un ten unha secuencia diferente, xa que non é o mesmo ser un neno ou nena galega dunha vila por exemplo mariñeira, que un neno que vive en Alaska ou unha nena nixeriana.
Fai o seguinte exercicio na túa libreta: imaxina un lugar do mundo completamente oposto ao teu, e fai un relato en dez liñas dun día da túa "vida paralela".
Anímaste?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0