Saltar navegación

3.3. Ciberseguridade

 

Glosario

Cibercarracho

Pictograma ciberestafador

Definición:

É un ciberestafador, un ciberdelincuente. Persoa que intenta estafar pola rede. Persoa que intenta roubar os datos do noso ordenador a través de enganos por medios electrónicos.

Por iso é importante non compartir os nosos datos polo ciberespazo.

Exemplo:

Enviáronme por email un arquivo sospeitoso. Seguramente sexa un cibercarracho que quere os meus datos. Que sorte que me din conta!

Conciso

Pictograma conciso

Definición:

Texto curto e coa información concentrada.

Exemplo:

A exposición do traballo que fixo María foi concisa, só dixo o imprescindible.

URL

URL

Definición:

É un termo en inglés que significa : "Uniform Resource Locator".

Consiste nunha cadea de letras e números que indican a dirección web onde está gardado o recurso.

Exemplo:

Para acceder á páxina da Xunta de Galicia tiven que escribir a URL completa na barra superior: https://www.edu.xunta.gal

Anda polo seguro!

Visualiza o seguinte vídeo de Esther Estévez do programa DigochoEu da Televisión de Galicia, que fala sobre a ciberseguridade.

O primeiriño de todo, tes que fixarte na dirección web da páxina na que estás a navegar. Pero, que é iso e onde se mira? 

As casas onde vive a xente teñen unha dirección postal única, é dicir, o nome dunha rúa e un número. Deste xeito, o carteiro ou a carteira pode traernos cartas e paquetes.

En Internet pasa algo similar. As páxinas web tamén teñen unha dirección única que se coñecen como URL.

Se picas co rato na parte superior da barra de busca, aparece a URL. Asegúrate que a páxina web comece por HTTPS. Por exemplo: https://www.uvigo.gal/es.

Isto quere dicir que estás a navegar por unha páxina segura, onde os teus datos están protexidos. Do contrario, DESCONFÍA, non é unha páxina segura.

Lectura facilitada

Visualiza o seguinte vídeo de Esther Estévez.

Fíxate na dirección web na que estas a navegar.

A dirección web é como a dirección dunha casa.

A dirección web é única.

Esta dirección coñécese como URL.

Para que sexa segura ten que comezar por https.

Se non empeza por https, desconfía da páxina.

Busca o cadeado de seguridade

Imaxe dun cadeado pechado

As direccións web dos recursos e páxinas mostran un cadeado no campo URL.

Isto indícache que é un lugar web seguro. Os teus datos non se compartirán.

Conselliños

Uso correcto dos motores de busca

Exemplo barra de busca

Os motores ou as barras de busca son ferramentas que serven para atopar información en Internet de forma rápida e concisa.

Adoitan ter forma de caixa, e dentro podes escribir o que desexes buscar.

Breve e preciso.

Exemplos de buscadores ou motores de busca

Estes son algúns dos buscadores máis usados. Preme nos logotipos para visitar a páxina oficial.

Google Logo de Google
 É a barra de busca máis popular. 
Bing Logo de Bing  É outro motor moi coñecido.
DuckDuckGo Logo DuckDuckGo

É un dos motores de busca que respectan a privacidade do usuario.

Tampouco deixa rastro das búsquedas historial do usurio.

Usa filtros!

Pictograma atallo

Usa atallos! Usa filtros!

Os filtros, nos motores de busca, serven para restrinxir ou personalizar os resultados que se amosan.

É dicir, serven para que o motor só nos mostre a información que nos interesa.

Para buscar frases feitas ou exactamente iguais

Usa comiñas " "

Por exemplo: "investigación sobre os cometas".

Para buscar unha definición 

Escribe a palabra definición seguida de dous puntos.

Por exemplo: definición: Neptuno.

Para buscar un tipo de arquivo

 Limita o formato engadindo isto: filetype:(tipo de arquivo).

Por exemplo se buscas arquivos en formato PDF escribe: filetype:pdf

Para buscar por data, tipo de contido...

Pica en busca avanzada e escribe unha data ou característica do contido.

Para buscar imaxes relacionadas ou similares

Pica co botón dereito do rato e dálle a Buscar Imaxes. Mostrarache imaxes parecidas.

O mundo nas mans, por medio da busca en internet

Os motores busca son ferramentas imprescindibles e moi útiles para remar polo gran mar de información dispoñible en Internet. 

Gracias a eles atoparás a información relevante de forma máis rápida e eficiente.

Así que, proba e mellora ás túas habilidades á hora de buscar!

Hai cibercarrachos!

Pictograma ciberestafador

Os cibercarrachos son os ciberdelincuentes, son ciberestafadores. É dicir, persoas que se dedican a roubar na rede.

Que rouban? Os nosos datos, as nosas direccións de correo, os nosos números de teléfono e outros datos de interese. Tamén fan unha lista das páxinas que nos gusta visitar.

Despois empregan eses datos para estafarnos, vendernos produtos ou facer negocio ilegal.

Lectura facilitada

Os cibercarrachos son ciberdelincuentes.

Rouban na rede.

Rouban os nosos datos persoais, direccións, números de teléfono.

Seguen as nas nosas procuras na rede.

Logo venden estes datos a empresas.

Fan negocio cos nosos datos.

Ollo cos cibercarrachos!

A xornalista Esther Estévez, presentadora do programa DígochoEU da TVG. Dá consellos para estar alerta e non picar!

De seguido tes tres vídeos, pero hai moitos máis. Coidado con carrachos da web!

Os cibercarrachos falan galego

Ciberdelincuentes compran os nosos datos

Trucazo contra os ciberdelincuentes

Queres ver máis vídeos sobre cibercarrachos?

Pois entra na páxina do DígochoEu e escribe no buscador: cibercarrachos!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)