Saltar navegación

É a túa quenda!

Aquí vai a primeira misión...

O traballo en equipo é clave para que moitos proxectos saian ben, sobre todo nunha misión espacial! Pero tamén pode ser un reto. Por iso, este será o primeiro desafío que vos propoñemos.

Antes de comezar, pensade:

1. Que precisa un equipo para funcionar ben?

2. Que vantaxes ten traballar con outras persoas?

3. Hai algunha desvantaxe?

Misión: en pequenos grupos, reflexionade sobre o traballo en equipo e escollede unha forma de compartilo coa clase.

1. Facer un mural con vantaxes, desvantaxes e conclusións.

2. Crear unha presentación dixital coas vosas ideas.

3. Organizar un debate: un equipo a favor do traballo en grupo e outro en contra. Ao final, buscade unha conclusión conxunta.

O debate está servido!

Lectura facilitada

Agora si, o reto?

Traballaredes en grupos pequenos.

Falade como traballar en equipo.

Logo, contádello ao resto da clase.

Podedes elixir entre:

Facer un mural entre todo o grupo.

No mural escribides cousas boas, cousas malas, e conclusións.

Facer unha presentación co ordenador.

Nela contaredes as vosos ideas sobre o traballo en equipo.

Facer un debate na aula.

Facer dous grupos para o debate.

Un estará a favor do traballo en equipo.

Outro estará en contra.

Cada grupo explicará as súas razóns.

Ao finalizar, xuntos, chegaremos a unha conclusión.

Diario de aprendizaxe

Icona de diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un caderno co logotipo do proxecto na tapaParabéns, xa iniciaches o camiño.

Como Rita, ti vas comezar a túa viaxe polo Universo. Consulta o diario de aprendizaxe e teno en conta durante todo o REA.

Tes curiosidade por saber máis sobre o Universo?

Resúltache un tema interesante?

Coñeces algún acontecemento histórico relacionado co Universo?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)