Vehículo utilizado polos astronautas para percorrer a superficie luar.
Exemplo:
Os astronautas visitaron a Lúa no seu rover.
Terra
Definición:
Terceiro planeta do sistema solar en proximidade ao Sol, xira arredor deste e arredor de si mesmo. Único planeta no que existe vida.
Exemplo:
O planeta Terra forma parte do sistema solar.
A viaxe de Rita
Con vistas ao futuro, a astronauta Rita estivo preparándose para a súa primeira misión a Marte. Levaba meses adestrándose. Unha viaxe espacial non é calquera cousa! Co seu traxe espacial brillante e o seu corazón cheo de emoción, abordou a nave Esperanza e despegou. Nun abrir e pechar de ollos xa se atopaba flotando no espazo. Estaba fascinada coa visión da súa querida Terra desde alí arriba.
Mentres viaxaba, Rita observaba as estrelas, os planetas e o resto de corpos celestes que habitan na galaxia. Ao chegar a Marte, marabillouse ante unha paisaxe vermella que deseguido percorreu co seu rover. Explorou canóns profundos e antigas formacións rochosas, buscando signos de vida.
Un día, mentres recollía mostras, atopou un pequeno cristal que reflectía cores nunca antes vistas. Ao tocalo, sentiu unha conexión especial co planeta. Rita soubo que a súa misión non só era científica, senón tamén unha viaxe cara ao descubrimento das nosas orixes. A aventura soamente estaba por comezar!
Lectura facilitada
Rita estaba preparada para ir a Marte.
Ao chegar marabillouse da paisaxe vermella.
Un día atopou un pequeno cristal que reflectía cores.
A súa misión sería unha viaxe cara ao descubrimento das nosas orixes.
Audio
Apoio visual
Rita entrenou para ser astronauta.
Viaxou ao espazo nunha nave espacial.
Visitou o planeta Marte.
Como chegaches ata aquí?
Algunha vez preguntácheste como chegaches ata aquí?
Como empezou “todo”? É dicir, preguntácheste de onde vimos?
Sabías que hai moito pero que moito tempo todo o Universo era do tamaño dunha pelota de tenis?
Ou que ese “todo” do que falabamos, empezou cunha grande explosión?
A orixe do Universo está estreitamente relacionada con estas e outras preguntas e, se xa che picou a curiosidade, non te podes perder esta emocionante viaxe para entender… o teu lugar no mundo.
Que vas aprender?
A través das distintas actividades serás quen de...
Coñecer e comprender a orixe do Universo.
Empregar o método científico para desenvolver un traballo de investigación.
Saber cal é o lugar que ocupa o ser humano no planeta Terra desde o comezo da vida na mesma.
Identificar termos relacionados co planeta Terra e o noso Universo.
Coñecer que son as liñas do tempo e cal é a súa función.