Saltar navegación

É a túa quenda!

O cambio climático é unha realidade

Pictograma dun neno lendo un libro

Xa chegamos ao final desta fase, e aínda que durante esta viaxe coñecemos a varios persoeiros que fixeron historia no mundo, será Greta Thumberg a encargada de presentarvos a seguinte tarefa:

Como xa sabedes, son unha activista ambiental sueca coñecida por desafiar aos líderes mundiais a tomar medidas inmediatas para mitigar os efectos do cambio climático.

O voso obxectivo: explicar o cambio climático

O cambio climático ten grandes consecuencias para a vida na Terra. Unha delas é o cambio nas paisaxes que nos rodean. O voso reto final consiste en buscar un lugar no tempo no que che gustaría vivir.

Como podemos viaxar no tempo, podemos ir ao pasado ou a o futuro, propoñémoste atopar imaxes de diferentes lugares do mundo que amosen a súa transformación por culpa do cambio climático. Podedes utilizar diferentes fontes de información:

  • Revistas científicas.
  • Webs especializadas en ecoloxía e natureza.
  • Fotografías antigas da vosa contorna, combinadas con outras que realizades vós mesmos.

Deste xeito terás información de como o clima cambia ao longo do tempo e poder escoller un momento da liña do tempo ao que viaxar para cambiar o futuro.

Podes empregar tesoiras, pegamento, rotuladores, pintura, adhesivos e outros materiais decorativos.

Ao rematar esta tarefa, explicade ao resto de compañeiros e compañeiras as vosas creacións

Poderiades elaborar un mural, realizar un vídeo dun paseo polos arredores da vosa vila, ou unhas entrevistas a persoas maiores da vosa veciñanza que conten as súas lembranzas da paisaxe de hai décadas, do que xa non está e xa non volverá (dunas, ríos caudalosos, carballeiras, soutos...). Seguro que os resultados vos sorprenderán!

Diario de aprendizaxe

Icona de diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Parabéns!

Xa remataches a segunda parte desta viaxe tan galáctica. Agora vai ao teu diario de aprendizaxe e reflexiona sobre as seguintes cuestións:

  •   Lembrabas todo o que viches nesta parte?
  •   Como te sentiches ao facer as diferentes actividade
  •   Gustouche máis facer as actividades individuais ou as de equipo? por que?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)