É unha rexión do espazo na que a atracción da gravidade é tan forte que nada pode escapar.
Exemplo:
A primeira fotografía dun buraco negro foi posible grazas a unha experta en ciencias da computación.
Galaxia
Definición:
Cada un dos sistemas do Universo constituído por un vasto conxunto de estrelas, outros astros e materia cósmica, que se mantén unido pola gravidade.
Exemplo:
A Vía Láctea é a galaxia na que vivimos.
Stephen Hawking dávos a benvida
Boas!
O meu nome é Stephen Hawking e fun un dos científicos máis importantes do mundo.
Son coñecido polo meu traballo sobre o espazo, os buracos negros e o tempo.
Aínda que nacín cunha enfermidade que me afectou moito, nunca deixei que iso me detivese e pasei a miña vida tratando de entender os misterios do Universo.
Lectura facilitada
Boas!
O meu nome é Stephen Hawking.
Son coñecido polo meu traballo sobre o espazo.
Pasei a miña vida tratando de entender os misterios do Universo.
Audio
Queres saber máis? Bota unha ollada a estas 6 curiosidades sobre Stephen Hawking
1. Naceu 300 anos despois da morte de Galileo.
2. Foi diagnosticado de ELA aos 22 anos.
3. Perdeu a voz por unha traqueotomía.
4. Tratou de elaborar a ‘teoría do todo’.
5. Nunca recibiu un Nobel. O Premio Nobel é un galardón internacional que recoñece as investigacións e os logros conseguidos en varios campos como o da paz, o da literatura, o da química, o da medicina...
6. Faleceu o mesmo día do nacemento de Albert Einstein, e o Día Mundial das matemáticas.
Unha teoría fascinante
A teoría do Big Bang é unha explicación sobre como comezou o noso Universo.
Imaxina que todo o que existe, os planetas como o teu, as estrelas, galaxias… en realidade comezaron sendo un puntiño moi pequeno e moi quente.
Todo sucedeu hai uns 14.000 millóns de anos. De súpeto, este punto comezou a expandirse como un globo que se infla moi rapidamente.
Polo tanto máis que unha explosión o que pasou foi un crecemento súper rápido daquel puntiño primeiro.
Despois desta gran expansión, o Universo comezou a arrefriarse e entón, as primeiras partículas pequenas e quentes comezaron a agruparse entre si, formando o que coñecemos como os átomos.
Despois, os átomos xuntáronse para formar estrelas, galaxias e planetas, como no que ti vives!
O máis emocionante desta teoría é que hoxe sabemos que o noso Universo segue expandíndose, ata cando? Non o sabemos!
Lectura facilitada
A teoría do Big Bang explica que o universo comezou sendo un puntiño pequeno e moi quente.
Hai miles de anos, ese puntiño comezou a medrar a moita velocidade, e a arrefriarse pouco a pouco.
Dese puntiño inicial saíron os átomos, partículas moi pequenas que forman todo o que nos rodea, como as estrelas, as galaxias ou o planeta Terra.
O universo aínda non parou de medrar!
Audio
Aclarando conceptos
Parada técnica!
Probablemente teñas un lío con tanta palabriña nova...
Bota unha ollada ao glosario inicial e poderás resolver as túas dúbidas!
O Big Bang explicado pola NASA
Convídote a que botes unha ollada na seguinte imaxe, preme sobre ela, e atoparás a teoría do Big Bang explicada con todo luxo de detalles!