Saltar navegación

3. Medre a curiosidade!

 

Glosario

Curiosidade

Pictograma Curiosidade

Definición:

É un desexo de coñecer e pescudar cousas novas, sobre todo da túa contorna.

Exemplo:

A curiosidade dos nenos levounos a descubrir un camiño novo cara o bosque.

Exposición oral

Pictograma de exposición oral

Definición:

Unha exposición oral é cando unha ou varias persoas falan ante outras persoas coa finalidade de explicar e dar información sobre un tema. 

Exemplo:

Alexia fixo unha boa exposición oral sobre a Prehistoria. Nótase que lle gusta o tema. 

Investigador

Pictograma de investigador

Definición:

É unha persoa que se dedica a buscar, estudar e a descubrir solucións a problemas que existen no mundo.

Exemplo:

Xacobe traballou como investigador durante tres meses no Ártico, estudando as características do xeo polar.

Seguimos adiante!

Pictograma ferramentas

Estás a punto de iniciar unha fase nova.

Aprenderás a usar as ferramentas que precisas para medrar como investigador e investigadora.

Ademais coñecerás as claves para usar a palabra de forma eficaz para que a túa comunicación sexa verdadeiramente efectiva.

E todo isto, á vez que navegas pola rede, sen riscos, é dicir, de forma segura. Non tes xa curiosidade? Adiante!

Medre a voz!

Medre o coñecemento!

Cal vai ser a nosa estratexia

Non so poucos os requisitos necesarios para alcanzar o reto que che propuxemos ao principio.

Nesta fase aprenderás e practicarás os seguintes contidos:

  • Aprenderás a facer unha investigación científica seguindo uns pasos ordenados.  
  • Coñecerás algunhas recomendacións para facer exposicións orais de forma eficaz. 
  • Aprenderás a andar seguro polo ciberespazo. 
  • Poderás aplicar todos estes novos coñecementos investigando un tema apaixonante: a orixe da vida na Terra.

A por todas!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)