Saltar navegación

5. Conclusión

Fin da viaxe

Imaxe bombilla en branco e negro

Xa chegamos a fin da nosa viaxe.

Agora que xa tedes as vosas liñas do tempo elaboradas, chega o momento de facer unha reflexión sobre todo o que aprendestes neste proceso.

Seguramente, despois do traballo feito, comprendas mellor o mundo no que vives.

Lectura facilitada

Xa chegamos a fin da nosa viaxe.

Toca facer unha reflexión sobre todo o que aprendemos neste proceso.

Seguramente, agora comprendes mellor o mundo no que vives.

Poñemos en común as propostas

Chegamos á última parte do REA, agora toca facer unha reflexión final e sacar conclusións sobre o traballo realizado por todos os grupos da aula. Imos dividir esta quinta fase en tres partes que nos permitan visualizar o traballo de compañeiros e compañeiras e aportar e recibir as suxestións sobre os traballos.

Expoñemos

Organizamos a exposición dos mapas realizados. Buscaremos un espazo que nos permita compartir o traballo co resto do colexio, para iso colocaremos os nosos traballos no salón de actos ou os corredores do colexio.

Debatemos

Organizamos un debate na aula, seguindo os pasos que xa vimos noutra fase, para escoller as propostas que creemos que son máis interesantes de cara á mellora da vida do concello onde vivimos.

Avaliamos

Empregamos a rúbrica de coavaliación para reflexionar sobre o traballo dos resto de grupos.

Reflexionamos sobre a nosa viaxe

Esquema

Feito con eXeLearning (Nova xanela)