Glosario
Urbanización
-
Definición:
-
Proceso polo que un territorio e a poboación que vive nel pasa a ser urbano.
-
Exemplo:
A urbanización no planeta avanzou moito nos últimos cen anos.
Definición:
Proceso polo que un territorio e a poboación que vive nel pasa a ser urbano.
Exemplo:
A urbanización no planeta avanzou moito nos últimos cen anos.
Durante a maior parte da historia da humanidade a maioría da poboación dedicábase á gandaría e á agricultura. Era necesario, porque sen maquinaria todo o traballo se realizaba a man. Pero desde a revolución agraria e industrial isto cambiou. As máquinas empezaron a facer o traballo que antes realizaban os humanos, e miles de persoas xa non tiñan emprego no campo. Entón iniciouse unha emigración masiva ás cidades -o éxodo rural-, que empezaron a medrar a ritmo acelerado. Canto máis tardaba un país en mecanizarse e modernizarse, máis tarde comezaba o seu proceso de crecemento urbano.
No seguinte gráfico podes ver a porcentaxe de poboación que vive en áreas urbanizadas por continente desde 1500 a 2023, e observarás estes diferentes ritmos de urbanización.
Para agrandalo, preme enriba da imaxe.

Hoxe seguen persistindo as diferenzas: nos países menos desenvolvidos aínda moita xente traballa no campo e vive en pequenas vilas e aldeas. Son os que teñen menores porcentaxes ou taxas de poboación urbana. En cambio, os países máis desenvolvidos teñen as máis altas, como podes ver neste mapa con datos de porcentaxe de poboación urbana por países en 2018.
Para agrandalo preme enriba do mapa.

Durante a maior parte da historia
a maioría da poboación
dedicábase á gandaría e á agricultura.
Era necesario,
porque sen maquinaria todo o traballo
se realizaba a man.
Pero desde a revolución agraria e industrial
isto cambiou.
As máquinas empezaron a facer o traballo
que antes realizaban os humanos,
miles de persoas
xa non tiñan emprego no campo.
Entón iniciouse unha emigración masiva ás cidades.
Empezaron a medrar a ritmo acelerado.
Canto máis tardaba un país en mecanizarse e modernizarse,
máis tarde comezaba o seu proceso de crecemento urbano.
Hoxe segue sendo así,
nos países menos desenvolvidos
aínda moita xente traballa no campo
e vive en pequenas vilas e aldeas.
Son os que teñen menores taxas de poboación urbana.
Os países máis desenvolvidos teñen taxas máis altas.
Neste mapa podes ver as diferentes partes do planeta tal como se ven desde o espazo de noite. As áreas máis iluminadas son as máis urbanizadas. É unha boa maneira de achegarse á distribución da urbanización no planeta. Se o comparas co mapa anterior verás as coincidencias.

Fíxate ben na imaxe que acabas de ver, reflexina, e responde as seguintes cuestións:
1. Cales son esas áreas máis urbanizadas?
2. Cales son as grandes áreas baleiras de cidades de gran tamaño?
3. Relaciona o grao de urbanización con factores como:
Todos os países definen un criterio de poboación para considerar urbano un territorio. En España, por exemplo, é legalmente urbano ou rural un concello, non cada núcleo de poboación que hai nel. E considérase que é legalmente urbano un concello con 10.000 habitantes. Fíxate que non teñen que vivir todos na mesma vila.
Nesta ligazón podes ver cantos habitantes fixa a lei de cada país para considerar que existe unha área urbana.
Anota cantos habitantes son necesarios para considerar legalmente urbano un territorio en China, Xapón, A India, Islandia, Dinamarca, Alemaña, Estados Unidos, México, Arxentina, Etiopía, Madagascar, Nova Zelanda e Australia.
Anota tamén se consideras que o criterio é moi uniforme ou existen diferenzas grandes entre países.
Cres agora que o número de habitantes é moi importante para definir que é unha cidade?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0