Saltar navegación

Aquí e aló: a poboación no espazo

Distribución espacial da poboación

Os 8.200 millóns de persoas que ocupan o planeta distribúense de maneira irregular e por iso podemos falar de que hai lugares con altas concentracións de poboación que contrastan con outras que practicamente permanecen desertas. Un dato, o 90% da poboación mundial reside na zona temperada do hemisferio norte.

Para poder coñecer o grao de ocupación humana dun territorio non abonda con saber a cantidade total de poboación que acolle. É necesario relacionar esta coa extensión total do referido territorio. É dicir, hai que coñecer a densidade de poboación que expresa o número de habitantes que existen nun territorio por cada quilómetro cadrado de superficie este teña.

Taxa de densidade de poboación
Fórmula da Taxa de densidade de poboación


Os fenómenos que explican a desigual distribución son múltiples:

  • Factores físicos.
    -Existencia de auga: a vida sen auga é impensable; por tal motivo, as maiores concentracións humanas sitúanse preto de ríos, lago e mares.
    -Clima: as poboacións foxen dos climas extremos, prefiren as zonas climáticas temperadas para asentarse.
    -Relevo: as poboacións procuran lugares cun relevo suave pois a súa existencia facilita as actividades económicas e as comunicacións.
  • Factores históricos. Os lugares con poboamentos máis antigos son agora espazos máis poboados.
  • Factores económicos. Os territorios con maior volume e variedade de actividades económicas son ámbitos xeográficos que contan cunha maior ocupación humana.

As zonas menos poboadas do mundo, desertos demográficos, son as máis secas (desertos do Sáhara, Atacama), as máis frías (Ártico ou Antártico), as áreas ecuatoriais (selvas amazónicas) e as rexións máis montañosas (Himalaia, Andes...). Pola contra, os lugares que concentran os maiores continxentes de poboación son aqueles que teñen un relevo chan, precipitacións adecuadas, temperaturas moderadas, solos fértiles, e un considerable nivel de desenvolvemento (Sueste asiático, subcontinente indio, Europa Occidental e a costa Leste de Estados Unidos).

Preme enriba do mapa para amplialo

Mapa mundial de densidade
Mapa mundial de densidade

Lectura facilitada

O noso planeta conta con 8.200 millóns de persoas.

As persoas, no planeta, distribúense de forma irregular.

Hai lugares moi poboados (con altas concentracións de poboación).

Mais outros lugares están case desertos de poboación.

O 90% da poboación do mundo vive na zona temperada do hemisferio norte.

Para coñecer o grao de ocupación humana dun lugar

hai que saber cantas persoas viven nese lugar

e canto mide dito lugar ou territorio.

É dicir, é necesario coñecer a densidade de poboación do lugar.

A densidade de poboación expresa

o número de habitantes que ocupan un territorio

por cada quilómetro cadrado de dito territorio. (h/km2)

Por que a distribución da poboación no mundo é desigual?

É desigual por múltiples factores:

Factores físicos:

  • A existencia de auga: a vida sen auga non é posible.

Por iso vive máis xente preto de ríos, lagos e mares.

  • O clima: a xente prefire vivir en zonas temperadas

e foxe dos climas extremos.

  • O relevo: as poboacións prefiren vivir en lugares de relevos suaves

porque é máis fácil comunicarse e desenvolver as actividades.

Factores históricos:

Os lugares con poboamentos máis antigos

son os lugares máis poboados agora.

Factores económicos:

Vive máis poboación nos territorios con máis actividades económicas.

 As zonas menos poboadas do mundo ou “desertos demográficos”

son as máis secas (como o deserto do Sáhara e o de Atacama),

as máis frías (o Ártico e o Antártico),

as áreas ecuatoriais (selvas amazónicas),

e as rexións montañosas (Himalaia, Andes...)

Pola contra, os lugares con máis concentración de poboación

Son as que teñen o relevo chan,

as que teñen precipitacións adecuadas e temperaturas moderadas,

as que teñen solos fértiles

e as que contan con bo nivel de desenvolvemento.

(Lugares máis poboados son o Sueste asiático, o subcontinente indio,

Europa occidental e a costa Leste de Estados Unidos).

Apoio visual

Taxa de densidade de poboación
Fórmula da Taxa de densidade de poboación

Movementos migratorios na actualidade

Aínda que son fenómenos tan vellos como a humanidade, na actualidade están a acadar volumes verdadeiramente elevados: segundo as Nacións Unidas en 2020 había aproximadamente 281 millóns de migrantes internacionais en todo o mundo, aproximadamente un 3,6% da poboación mundial.

Migrantes desembarcando nun porto Arxentino
Migrantes desembarcando nun porto Arxentino

As migracións pódense clasificar en función da súa duración, destino e carácter.

  • Segundo a duración: temporais (realízanse por un tempo determinado) e definitivas (son permanentes).
  • Segundo o destino: nacionais (dentro do mesmo país) e internacionais (fóra do mesmo estado). Dentro das internacionais diferenciaremos as continentais (dentro do mesmo continente) e as intercontinentais (dun continente a outro).
  • Segundo o carácter: voluntarias (motivos propios, como buscar mellores oportunidades económicas, educativas ou de vida) e forzosas (circunstancias externas como poden ser guerras, persecucións, desastres naturais obrigan ás persoas a buscar novos lugares de residencia).

As principais causas dos movementos migratorios actuais son as seguintes:

  • Económicas: para buscar mellores condicións de vida (procurar un traballo por exemplo).
  • Políticas: as guerras e as persecucións étnicas, relixiosas, políticas... impulsan as persoas a abandonar os seus respectivos países.
  • Naturais: as catástrofes naturais como terremotos, secas, inundacións... poden fomentar os desprazamentos.
  • Sociais: a necesidade de atopar unha mellor sanidade ou unha mellor educación e tamén o exemplo de familiares ou amigos xa emigrados, explican un bo número de movementos migratorios.

Aínda que tamén existen migracións entre países desenvolvidos, en xeral, os migrantes desprázanse dende as áreas menos desenvolvidas cara ós espazos con maior nivel de desenvolvemento nos que se poden atopar maiores oportunidades.


As migracións teñen efectos positivos e negativos tanto para as áreas de saída como para as de chegada. Reparade no cadro:

CONSECUENCIAS DAS MIGRACIÓNS
ÁREAS DE EMIGRACIÓN ÁREAS DE INMIGRACIÓN
Positivas Negativas Positivas Negativas
DEMOGRÁFICAS -Redúcese presión sobre recursos (saúde, educación...).

-Pérdese poboación nova.

(envellecemento).

-Recíbese poboación nova.

(rexuvenecemento).

-Aumenta a presión sobre recursos (saúde, educación...).
ECONÓMICAS

-Reciben remesas (envíos de cartos dos emigrantes aos seus países).

-Redúcese desemprego.

-Pérdese man de obra. -Gáñase man de obra. -Poden aumentar taxas de paro.
CULTURAIS -Expórtase a cultura propia a outras áreas. -Pódense perder tradicións. -Novas achegas culturais. -Risco de tensións culturais e sociais.
SOCIAIS -As migracións poden inspirar a persoas que se quedan a buscar novas oportunidades.

-Desintegración familiar.

-Aumento da dependencia dos anciáns.

-Creación de comunidades multiculturais. -Problemas de integración (racismo, xenofobia…).

Lectura facilitada

Os movementos migratorios acadan volumes moi elevados na actualidade.

Segundo a ONU, en 2020 había 281 millóns de migrantes internacionais.

Isto é un 3,6% da poboación mundial.

As migracións pódense clasificar segundo a duración, o destino e o carácter.

  • Segundo a duración:

poden ser migracións temporais (durante un tempo)

e migracións definitivas (son permanentes).

  • Segundo o destino:

poden ser migracións nacionais (dentro do mesmo país),

e migracións internacionais (fóra do mesmo país).

As migracións internacionais son continentais (dentro do mesmo continente)

ou intercontinentais (dun continente a outro).

  • Segundo o carácter:
  • poden ser migracións voluntarias (por motivos propios

como buscar oportunidades e calidade de vida),

e migracións forzosas (por circunstancias externas como guerras, desastres...).

As principais causas dos movementos migratorios son as seguintes:

  •  Causas económicas: buscar mellores condicións de vida

 (traballo, por exemplo).

  • Causas políticas: escapar de guerras e persecucións étnicas, relixiosas,

políticas...

  • Causas naturais: moita xente migra por terremotos, secas,

Inundacións nos seus países.

  • Causas sociais: buscar una sanidade ou educación mellores

e tamén por seguir o exemplo de familiares ou amigos xa emigrados.

En xeral, os migrantes desprázanse dende áreas menos desenvolvidas

cara a outras con maior nivel de vida, onde poden atopar máis oportunidades.

As migracións teñen efectos positivos e negativos

tanto para as áreas de saída como para as de chegada.

Muller e migracións

É agora o momento de analizar o papel das mulleres nos procesos migratorios.

Na actualidade as mulleres teñen un papel moi relevante nos procesos migratorios. Segundo estatísticas internacionais o 48% dos traslados xa están protagonizados por mulleres. Pódese falar entón dunha crecente feminización das migracións.

Tres son as causas fundamentais da migración das mulleres. A procura dun traballo que lles facilite mellorar a situación económica propia e familiar; acadar a reunificación familiar que lles permita xuntarse con familiares xa emigrados e tamén como unha vía de escape a diferentes situacións de violencia ás que, pola súa condición de mulleres, poden estar sometidas.

A hostelería e o traballo doméstico son ocupacións básicas para as migrantes
Persoal do hotel facendo a cama nunha

Nos lugares de destino normalmente ocúpanse do coidado das persoas, principalmente dos anciáns e dos nenos, do traballo doméstico e do traballo na hostalaría (mesmo se teñen unha alta cualifiación profesional. Isto reflicte o sexismo na sociedade.

As migracións femininas teñen unha importancia extraordinaria. Envían remesas, en maior proporción que os homes, aos seus lugares de orixe. Estes cartos favorecerán o benestar dos seus familiares e impulsarán as economías locais. Por outra parte, tamén é destacar que as mulleres desenvolven un papel transcendental na transmisión da cultura propia.

Aínda que comparten desafíos cos migrantes homes (explotación laboral, integración, descoñecemento do idioma...) as mulleres enfróntanse a problemas adicionais propios como son a discriminación e a violencia de xénero.

Loxicamente estes procesos migratorios van influír directamente sobre as protagonistas. As novas circunstancias permiten cambiar, polo menos en parte, os tradicionais roles de xénero. Mulleres migrantes poden ter acceso á independencia económica, unha certa autonomía persoal e tamén un considerable empoderamento, é dicir, teñen unha maior capacidade de tomar decisións por elas mesmas.

Lectura facilitada

O papel das mulleres nos procesos migratorios.

As mulleres teñen un papel moi relevante nos procesos migratorios.

O 48% dos traslados xa están protagonizados por mulleres.

Existe unha crecente feminización das migracións.

Tres son as causas fundamentais da migración das mulleres:

  • A procura dun traballo.
  • Acadar a reunificación familiar para xuntarse con familiares xa emigrados.
  • Como unha vía de escape a diferentes situacións de violencia.

Nos lugares de destino normalmente ocúpanse do coidado das persoas,

do traballo doméstico

e do traballo na hostalaría.

As migracións femininas teñen unha importancia extraordinaria:

Envían remesas aos seus lugares de orixe. 

Transmiten cultura propia.

Aínda que comparten desafíos cos migrantes homes

(explotación laboral, integración, descoñecemento do idioma...)

as mulleres enfróntanse a problemas adicionais propios:

 discriminación e a violencia de xénero.

As migracións inflúen sobre as migrantes:

Cambian os tradicionais roles de xénero.

As protagonistas acadan independencia económica,

unha certa autonomía persoal

e tamén  un considerable empoderamento,

é dicir, teñen unha maior capacidade de tomar decisións.

Completar

Lea o texto e complete as palabras que faltan.

%E9%B0%E6%EB%E2%F7%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%D1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%B0%BE%B0%FB%FC%E1%E6%E0%E7%F1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%B0%AE%E2%AC%DE%F7%F3%B2%FD%B2%E6%F7%EA%E6%FD%B2%F7%B2%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F7%B2%F3%E1%B2%E2%F3%FE%F3%F0%E0%F3%E1%B2%E3%E7%F7%B2%F4%F3%FE%E6%F3%FC%BC%AE%BD%E2%AC%B0%BE%B0%E6%F7%EA%E6%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%B7%A1%D1%E2%B7%A1%D7%D3%B7%A0%A2%E2%FD%F0%FD%F3%F1%FB%B7%D4%A1%FC%B7%A0%A2%F6%FB%E1%E6%E0%FB%F0%B7%D4%D3%F7%E1%F7%B7%A0%A2%F6%F7%B7%A0%A2%FF%F3%FC%F7%FB%E0%F3%B7%A0%A2%D2%D2%FB%E0%E0%F7%F5%E7%FE%F3%E0%D2%D2%B7%A0%A2%E2%FD%FE%FD%B7%A0%A2%E2%FE%F3%FC%F7%E6%F3%BC%B7%A0%A2%C2%FD%F6%F7%FF%FD%E1%B7%A0%A2%F4%F3%FE%F3%E0%B7%A0%A2%F6%F7%B7%A0%A2%E3%E7%F7%B7%A0%A2%FA%F3%FB%B7%A0%A2%FE%E7%F5%F3%E0%F7%E1%B7%A0%A2%F1%FD%FC%B7%A0%A2%D2%D2%F3%FE%E6%F3%E1%D2%D2%B7%A0%A2%F1%FD%FC%F1%F7%FC%E6%E0%F3%F1%FB%B7%D4%A1%FC%E1%B7%A0%A2%B7%A0%AA%D2%D2%F4%FD%E0%FF%FB%F5%E7%F7%FB%E0%FD%E1%B7%A0%A2%FA%E7%FF%F3%FC%FD%E1%D2%D2%B7%A0%AB%B7%A0%A2%E3%E7%F7%B7%A0%A2%F1%FD%FC%E6%E0%F3%E1%E6%F3%FC%B7%A0%A2%F1%FD%FC%B7%A0%A2%FD%E7%E6%E0%F3%E1%B7%D3%A2%B7%A0%A2%E2%E0%F3%F1%E6%FB%F1%F3%FF%F7%FC%E6%F7%B7%A0%A2%D2%D2%F0%F3%FE%F7%FB%E0%F3%E1%D2%D2%B7%A0%A2%B7%A0%AA%D2%D2%F6%F7%E1%F7%E0%E6%FD%E1%D2%D2%B7%A0%A2%F6%F7%FF%FD%F5%E0%B7%D7%A3%F4%FB%F1%FD%E1%B7%A0%AB%BC%B7%A0%A2%C7%FC%B7%A0%A2%F6%F3%E6%FD%B7%A0%D1%B7%A0%A2%FD%B7%A0%A2%D2%D2%AB%A2%B7%A0%A7%D2%D2%B7%A0%A2%F6%F3%B7%A0%A2%E2%FD%F0%FD%F3%F1%FB%B7%D4%A1%FC%B7%A0%A2%FF%E7%FC%F6%FB%F3%FE%B7%A0%A2%E0%F7%E1%FB%F6%F7%B7%A0%A2%FC%F3%B7%A0%A2%E8%FD%FC%F3%B7%A0%A2%D2%D2%E6%F7%FF%E2%F7%E0%F3%F6%F3%D2%D2%B7%A0%A2%F6%FD%B7%A0%A2%D2%D2%FA%F7%FF%FB%E1%F4%F7%E0%FB%FD%D2%D2%B7%A0%A2%FC%FD%E0%E6%F7%BC%B7%A1%D1%BD%E2%B7%A1%D7%B7%A2%D3%B7%A1%D1%E2%B7%A1%D7%C2%F3%E0%F3%B7%A0%A2%E2%FD%F6%F7%E0%B7%A0%A2%F1%FD%B7%D4%A3%F7%F1%F7%E0%B7%A0%A2%FD%B7%A0%A2%F5%E0%F3%FD%B7%A0%A2%F6%F7%B7%A0%A2%D2%D2%FD%F1%E7%E2%F3%F1%FB%B7%D4%A1%FC%D2%D2%B7%A0%A2%FA%E7%FF%F3%FC%F3%B7%A0%A2%F6%E7%FC%B7%A0%A2%E6%F7%E0%E0%FB%E6%FD%E0%FB%FD%B7%A0%A2%B7%D7%AB%B7%A0%A2%FC%F7%F1%F7%E1%F3%E0%FB%FD%B7%A0%A2%D2%D2%E0%F7%FE%F3%F1%FB%FD%FC%F3%E0%D2%D2%B7%A0%A2%F7%E1%E6%F3%B7%A0%A2%F1%FD%F3%B7%A0%A2%D2%D2%F7%EA%E6%F7%FC%E1%FB%B7%D4%A1%FC%D2%D2%B7%A0%A2%E6%FD%E6%F3%FE%B7%A0%A2%F6%FD%B7%A0%A2%FF%F7%E1%FF%FD%BC%B7%A0%A2%B7%D1%AB%B7%A0%A2%F6%FB%F1%FB%E0%B7%A0%D1%B7%A0%A2%FA%F3%FB%B7%A0%A2%E3%E7%F7%B7%A0%A2%F1%FD%B7%D4%A3%F7%F1%F7%E0%B7%A0%A2%F3%B7%A0%A2%D2%D2%F6%F7%FC%E1%FB%F6%F3%F6%F7%D2%D2%B7%A0%A2%F6%F7%B7%A0%A2%E2%FD%F0%FD%F3%F1%FB%B7%D4%A1%FC%B7%A0%A2%E3%E7%F7%B7%A0%A2%F7%EA%E2%E0%F7%E1%F3%B7%A0%A2%FD%B7%A0%A2%FC%B7%D4%D3%FF%F7%E0%FD%B7%A0%A2%F6%F7%B7%A0%A2%D2%D2%FA%F3%F0%FB%E6%F3%FC%E6%F7%E1%D2%D2%B7%A0%A2%E3%E7%F7%B7%A0%A2%F7%EA%FB%E1%E6%F7%FC%B7%A0%A2%FC%E7%FC%B7%A0%A2%FE%E7%F5%F3%E0%B7%A0%A2%E2%FD%E0%B7%A0%A2%F1%F3%F6%F3%B7%A0%A2%D2%D2%E3%E7%FB%FE%B7%D4%A1%FF%F7%E6%E0%FD%D2%D2%B7%A0%A2%F1%F3%F6%E0%F3%F6%FD%B7%A0%A2%F6%F7%B7%A0%A2%E1%E7%E2%F7%E0%F4%FB%F1%FB%F7%B7%A0%A2%E3%E7%F7%B7%A0%A2%F7%E1%E6%F7%B7%A0%A2%E6%F7%B7%D4%A3%F3%BC%B7%A1%D1%BD%E2%B7%A1%D7%B7%A2%D3%B7%A1%D1%E2%B7%A1%D7%B7%A1%D1%BD%E2%B7%A1%D7%B7%A2%D3%B7%A1%D1%E2%B7%A1%D7%B7%A1%D1%BD%E2%B7%A1%D7%B0%BE%B0%E1%FA%FD%E5%DF%FB%FC%FB%FF%FB%E8%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%FB%E6%FB%FC%F7%E0%F3%E0%EB%B0%A8%E9%B0%E1%FA%FD%E5%D1%FE%E7%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F1%FE%E7%F7%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F5%F7%D1%FE%E7%F7%B0%A8%A6%A2%BE%B0%E1%FA%FD%E5%D1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FF%F7%E1%E1%F3%F5%F7%D1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%B0%B0%EF%BE%B0%F1%F3%E1%F7%C1%F7%FC%E1%FB%E6%FB%E4%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%FB%E1%C1%F1%FD%E0%FF%B0%A8%A3%BE%B0%E6%F7%EA%E6%D0%E7%E6%E6%FD%FC%C1%F1%FD%E0%FF%B0%A8%B0%D5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%E0%F7%E2%F7%F3%E6%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%E6%E0%E7%F7%BE%B0%E6%F7%EA%E6%D4%F7%F7%F6%D0%F3%F1%F9%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E6%F7%EA%E6%D3%F4%E6%F7%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F4%F7%F7%F6%D0%F3%F1%F9%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F8%F7%D4%D0%B0%A8%A3%A2%A2%BE%B0%E4%F7%E0%E1%FB%FD%FC%B0%A8%A3%BE%B0%F7%E1%E6%E0%FB%F1%E6%D1%FA%F7%F1%F9%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E5%FD%E0%F6%E1%C1%FB%E8%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E6%FB%FF%F7%B0%A8%A2%BE%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A3%BE%B0%E5%FD%E0%F6%E1%D7%E0%E0%FD%E0%E1%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E6%E6%F7%FF%E2%E1%DC%E7%FF%F0%F7%E0%B0%A8%A1%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F8%F7%D7%E0%E0%FD%E0%B0%A8%A0%A2%BE%B0%E1%FA%FD%E5%C1%FD%FE%E7%E6%FB%FD%FC%B0%A8%E6%E0%E7%F7%BE%B0%E5%FD%E0%F6%E1%DE%FB%FF%FB%E6%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F7%E4%F3%FE%E7%F3%E6%FB%FD%FC%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F7%E4%F3%FE%E7%F3%E6%FB%FD%FC%DB%D6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FB%F6%B0%A8%B0%A0%A2%A0%A7%A3%A0%A4%A3%A5%A1%A6%A7%A6%BF%A4%A2%B0%BE%B0%FF%E1%F5%E1%B0%A8%E9%B0%FF%E1%F5%DA%F3%E2%E2%F7%FC%B0%A8%B0%C2%F3%E1%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C0%F7%E2%FE%EB%B0%A8%B0%C0%F7%E1%E2%FD%FC%F6%F7%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%E7%F0%FF%FB%E6%B0%A8%B0%D7%FC%E4%FB%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%FC%E6%F7%E0%D1%FD%F6%F7%B0%A8%B0%DB%FC%E6%E0%FD%F6%E7%E8%F3%B2%FD%B2%F1a%F6%FB%F5%FD%B2%F6%F7%B2%F3%F1%F1%F7%E1%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%D1%FD%F6%F7%B0%A8%B0%DD%B2%F1a%F6%FB%F5%FD%B2%F6%F7%B2%F3%F1%F1%F7%E1%FD%B2%FC%FD%FC%B2%7B%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D5%F3%FF%F7%DD%E4%F7%E0%B0%A8%B0%D4%FB%FC%B2%F6%F3%B2%E2%F3%E0%E6%FB%F6%F3%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DB%FC%F6%FB%F1%F3%E6%F7%C5%FD%E0%F6%B0%A8%B0%C2%E0%FD%E2%FD%E0%F1%FB%FD%FC%F7%B2%E7%FC%FA%F3%B2%E2%F3%FE%F3%F0%E0%F3%B2%FD%E7%B2%F7%EA%E2%E0%F7%E1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FE%E7%F7%B0%A8%B0%CA%F7%FC%FB%F3%FE%B3%B2%D3%B2%E2%FB%E1%E6%F3%B2%7B%A8%B0%BE%B0%FF%E1%F5%CB%FD%E7%DA%F3%E1%B0%A8%B0%C6%F7%E1%B2%B7%A3%B2%F3%F1%F7%E0%E6%FD%E1%B2%F7%B2%B7%A0%B2%F7%E0%E0%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%B0%D1a%F6%FB%F5%FD%B2%F6%F7%B2%F3%F1%F1%F7%E1%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FE%F3%EB%D3%F5%F3%FB%FC%B0%A8%B0%CA%FD%F5%F3%E0%B2%FD%E7%E6%E0%F3%B2%E4%F7%E8%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C0%F7%E3%E7%FB%E0%F7%F6%D3%F1%F1%F7%E1%E1%D9%F7%EB%B0%A8%B0%5B%B2%FC%F7%F1%F7%E1%F3%E0%FB%FD%B2%FD%B2%F1a%F6%FB%F5%FD%B2%F6%F7%B2%F3%F1%F1%F7%E1%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%E6%FB%FD%FC%DE%FD%FD%F9%FB%FC%F5%B0%A8%B0%CA%F7%FC%FB%F3%FE%B3%B2%D3%B2%FB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%F1%FBa%FC%B2%E3%E7%F7%B2%F7%E1%E6%F3%F0%F3%E1%B2%F3%B2%E2%E0%FD%F1%E7%E0%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FE%F3%EB%C1%E6%F3%E0%E6%B0%A8%B0%C2%E0%F7%FF%F3%B2%F3%E3%E7%7F%B2%E2%F3%E0%F3%B2%EA%FD%F5%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%E1%B0%A8%B0%D7%E0%E0%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%B0%A8%B0%D3%E6%FD%E2%FD%E7%E1%F7%B2%E7%FC%B2%F7%E0%E0%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DF%FD%E4%F7%DD%FC%F7%B0%A8%B0%C2%F3%E1%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%E1%B0%A8%B0%D3%F1%F7%E0%E6%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%B0%A8%B0%D3%F1%F7%E0%E6%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DF%FB%FC%FB%FF%FB%E8%F7%B0%A8%B0%DF%FB%FC%FB%FF%FB%E8%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DF%F3%EA%FB%FF%FB%E8%F7%B0%A8%B0%DF%F3%EA%FB%FF%FB%E8%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C6%FB%FF%F7%B0%A8%B0%DE%7F%FF%FB%E6%F7%B2%F6%F7%B2%E6%F7%FF%E2%FD%B2%BA%FF%FF%A8%E1%E1%BB%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DE%FB%E4%F7%B0%A8%B0%C4%FB%F6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D4%E7%FE%FE%C1%F1%E0%F7%F7%FC%B0%A8%B0%C2%F3%FC%E6%F3%FE%FE%F3%B2%D1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%EA%FB%E6%D4%E7%FE%FE%C1%F1%E0%F7%F7%FC%B0%A8%B0%C1%F3%7F%E0%B2%F6%F7%B2%E2%F3%FC%E6%F3%FE%FE%F3%B2%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DC%E7%FF%C3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%B0%DCh%FF%F7%E0%FD%B2%F6%F7%B2%E2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DC%FD%DB%FF%F3%F5%F7%B0%A8%B0%C2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%B2%E1%F7%FC%B2%FB%FF%F3%EA%F7%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FD%FD%FE%B0%A8%B0%CA%F7%FC%FB%F3%FE%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DE%FD%E1%F7%C6%B0%A8%B0%C2%F7%E0%F6%FB%F1%FA%F7%E1%B2%A1%A1%A2%B2%E2%E7%FC%E6%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DE%FD%E1%F7%DE%FB%E4%F7%B0%A8%B0%C2%F7%E0%F6%FB%F1%FA%F7%E1%B2%E7%FC%FA%F3%B2%E4%FB%F6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DE%FD%E1%E6%DE%FB%E4%F7%E1%B0%A8%B0%C2%F7%E0%F6%FB%F1%FA%F7%E1%B2%E6a%F6%F3%FE%F3%E1%B2%E6h%F3%E1%B2%E4%FB%F6%F3%E1%B3%B0%BE%B0%FF%F5%E1%D3%FE%FE%C3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%B0%C2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%E1%B2%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%F6%F3%E1%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%E7%F1%F1%F7%E1%E1%F7%E1%B0%A8%B0%D1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B3%B2%EE%B2%D7%EA%F1%F7%FE%F7%FC%E6%F7%B3%B2%EE%B2%CA%F7%FC%FB%F3%FE%B3%B2%EE%B2%DF%FD%FB%B2%F0%F7%FC%B3%B2%EE%B2%C2%F7%E0%F4%F7%F1%E6%FD%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D4%F3%FB%FE%E7%E0%F7%E1%B0%A8%B0%DC%FD%FC%B2%F7%E0%F3%B2%FB%E1%FD%B3%B2%EE%B2%DB%FC%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B3%B2%EE%B2%DC%FD%FC%B2%7B%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B3%B2%EE%B2%C1%F7%FC%E6%7F%FF%FD%FE%FD%B3%B2%EE%B2%D7%E0%E0%FD%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C6%E0%EB%D3%F5%F3%FB%FC%B0%A8%B0%DC%F7%F1%F7%E1%FB%E6%F3%E1%B2%E2%FD%FE%FD%B2%FF%F7%FC%FD%E1%B2%E7%FC%B2%B7%E1%B7%B2%F6%F7%B2%E0%F7%E1%E2%FD%E1%E6%F3%E1%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%F3%E1%B2%E2%F3%E0%F3%B2%F1%FD%FC%E1%F7%F5%E7%FB%E0%B2%F3%B2%FB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%F1%FBa%FC%BC%B2%C4%FD%FE%E4%F7%B2%E6%F7%FC%E6%F3%FE%FD%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C5%E0%FD%E6%F7%B0%A8%B0%D7%E1%F1%E0%FB%F0%F7%B2%F3%B2%E2%F3%FE%F3%F0%E0%F3%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%F3%B2%F7%B2%E2%E0%F7%FF%F7%B2%F7%FC%B2%C0%F7%E1%E2%FD%FC%F6%F7%E0%BC%B2%C1%F7%B2%F6%E7%F0%FB%F6%F3%E1%BE%B2%E2%E0%F7%FF%F7%B2%F7%FC%B2%C1%F7%F5%E7%FB%E0%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DC%FD%E6%DC%F7%E6%E5%FD%E0%F9%B0%A8%B0%D3%B2%F7%E1%E6%F7%B2%EA%FD%F5%FD%B2%E1a%B2%E1%F7%B2%E2%FD%F6%F7%B2%EA%FD%F5%F3%E0%B2%F1%FD%FC%B2%F1%FD%FC%F7%EA%FBa%FC%B2%F3%B2%DB%FC%E6%F7%E0%FC%F7%E6%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%FC%F6%D5%F3%FF%F7%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%D3%FC%E6%F7%E1%B2%F6%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%F1%FD%FF%F7%F1%F7%B2%F3%B2%E2%F3%E0%E6%FB%F6%F3%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F1%FD%E0%F7%C1%F1%FD%E0%FF%B0%A8%B0%D3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%FC%FD%FC%B2%E1%F7%B2%E2%FD%F6%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%E2%FD%E0%E3%E7%F7%B2%F7%E1%E6%F3%B2%E2s%EA%FB%FC%F3%B2%FC%FD%FC%B2%F4%FD%E0%FF%F3%B2%E2%F3%E0%E6%F7%B2%F6%E7%FC%B2%E2%F3%E3%E7%F7%E6%F7%B2%C1%D1%DD%C0%DF%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%C2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%FC%E1%E5%F7%E0%B0%A8%B0%C0%F7%E1%E2%FD%E1%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DD%FC%FE%EB%C1%F3%E4%F7%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C1a%B2%E1%F7%B2%E2%FD%F6%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%E7%FC%FA%F3%B2%E4%F7%E8%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DD%FC%FE%EB%C1%F3%E4%F7%B0%A8%B0%C1a%B2%E1%F7%B2%E2%FD%F6%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%E7%FC%FA%F3%B2%E4%F7%E8%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%DB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%CB%FD%E7%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%D3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%D3%E7%E6%FD%E0%7F%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DD%FC%FE%EB%C1%F3%E4%F7%D3%E7%E6%FD%B0%A8%B0%D3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%F3%E1%F7%B2%F6%F7%E1%E2%FD%FB%E1%B2%F6%F7%B2%F1%F3%F6%F3%B2%E2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%BC%B2%C1a%B2%E1%F7%B2%E2%FD%F6%F7%B2%EA%FD%F5%F3%E0%B2%E7%FC%FA%F3%B2%E4%F7%E8%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F3%E4%F7%D3%E7%E6%FD%B0%A8%B0%D3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%F3%E1%F7%B2%F3%E7%E6%FD%FF%F3%E6%FB%F1%F3%FF%F7%FC%E6%F7%B2%F6%F7%E1%E2%FD%FB%E1%B2%F6%F7%B2%F1%F3%F6%F3%B2%E2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F7%E4%F7%E0%F3%FE%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C2a%F6%F7%E1%F7%B2%F5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%E6%F3%FC%E6%F3%E1%B2%E4%F7%F1%F7%E1%B2%F1%FD%FF%FD%B2%E1%F7%B2%E3%E7%F7%FB%E0%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%CB%FD%E7%DE%F3%E1%E6%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%D3%B2h%FE%E6%FB%FF%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%F5%F3%E0%F6%F3%F6%F3%B2%7B%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%F1%E6%FB%E6%EB%D1%FD%FF%E2%FE%EB%B0%A8%B0%CA%F3%B2%E0%F7%F3%FE%FB%E8%F3%F1%FA%F7%E1%B2%F7%E1%E6%F3%B2%F3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FE%F3%EB%C1%F7%E4%F7%E0%F3%FE%C6%FB%FF%F7%E1%B0%A8%B0%C2a%F6%F7%E1%F7%B2%E0%F7%F3%FE%FB%E8%F3%E0%B2%F7%E1%E6%F3%B2%F3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B2%E6%F3%FC%E6%F3%E1%B2%E4%F7%F1%F7%E1%B2%F1%FD%FF%FD%B2%E1%F7%B2%E3%E7%F7%FB%E0%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FE%FD%E1%F7%B0%A8%B0%C2%F7%F1%FA%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DE%FD%F3%F6%FB%FC%F5%B0%A8%B0%D1%F3%E0%F5%F3%FC%F6%FD%BC%B2%D3%F5%F3%E0%F6%F7%u20B4%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%E2%E7%FC%E6%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%D3%E7%F6%FB%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%FD%FE%E7%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%C1%FD%FE%E7%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C6%E0%EB%B0%A8%B0%C6%7B%FC%E6%F3%FD%B2%FD%E7%E6%E0%F3%B2%E4%F7%E8%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FA%F7%F1%F9%B0%A8%B0%D1%FD%FF%E2%E0%FD%F0%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%FC%F6%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C6%F7%E1%B2%B7%E1%B2%E0%F7%E1%E2%FD%E1%E6%F3%E1%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%F3%E1%B2%F7%B2%B7%F6%B2%F7%E0%E0%FD%E1%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%FC%F6%C6%FB%FF%F7%B0%A8%B0%C0%F7%FF%F3%E6%FD%E7%B2%FD%B2%E6%F7%FF%E2%FD%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D5%F3%FF%F7%D7%FC%F6%B0%A8%B0%D1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%F1%FA%F7%E1%B2%F3%B2%F3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C7%FC%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F7%F6%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%B0%D3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B2%FC%FD%FC%B2%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%F6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%E7%F1%F1%F7%E1%E1%F4%E7%FE%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%B0%D3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B2%E1%E7%E2%F7%E0%F3%F6%F3%BC%B2%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%A8%B2%B7%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C7%FC%E1%E7%F1%F1%F7%E1%E1%F4%E7%FE%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%B0%D3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%F7%B2%FC%FD%FC%B2%E1%E7%E2%F7%E0%F3%F6%F3%BC%B2%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%A8%B2%B7%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C6%EB%E2%F7%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%D1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%E0%B0%EF%EF

A poboación distribúese de maneira @@irregular@@ polo planeta. Podemos falar de que hai lugares con @@altas@@ concentracións (@@formigueiros humanos@@) que contrastan con outras  practicamente @@baleiras@@ (@@desertos@@ demográficos). Un dato, o @@90%@@ da poboación mundial reside na zona @@temperada@@ do @@hemisferio@@ norte.

Para poder coñecer o grao de @@ocupación@@ humana dun territorio é necesario @@relacionar@@ esta coa @@extensión@@ total do mesmo. É dicir, hai que coñecer a @@densidade@@ de poboación que expresa o número de @@habitantes@@ que existen nun lugar por cada @@quilómetro@@ cadrado de superficie que este teña.

O navegador non é compatible con esta ferramenta.

Actividade despregable

Le, desprega e completa.

Na actualidade as mulleres teñen un papel moi nos procesos migratorios.

Tres son as causas fundamentais da migración das mulleres. A procura dun traballo, acadar a familiar que lles permita xuntarse con familiares e tamén como unha vía de escape a diferentes situacións de .

Nos lugares de destino normalmente ocúpanse do das , do traballo doméstico e do traballo na hostalaría.

Se ben comparten desafíos cos migrantes homes as mulleres enfróntanse a problemas adicionais propios como son a e a violencia de .

Loxicamente estes procesos migratorios van a influír directamente sobre as protagonistas acadan económica, e tamén  un considerable , é dicir, teñen unha maior capacidade de tomar decisións por elas mesmas.

Activar JavaScript

Completa o esquema

Os movementos migratorios: causas, clasificación e consecuencias.

Descarga o esquema e complétao. Prema aquí

Feito con eXeLearning (Nova xanela)