Despois de repasar... a profundar
Agora toca profundar un pouco máis. Ides traballar máis polo miúdo tres aspectos de grande importancia para poder coñecer o funcionamento do mundo no que vos tocou vivir. Como xa se dixo: a xeografía da poboación, a xeografía urbana e as desigualdades existentes e como a cooperación pode axudar a corrixilas.


Seguindo os contidos que se vos propoñen, seredes quen de saber como se distribúen as persoas no planeta, que son e como se organizan as cidades e cales son os desafíos globais que temos que enfrontar e, loxicamente, que medidas se poden adoptar para poder superalos.
Os quefaceres que deseguido ides iniciar vanvos axudar a comprender moito mellor a realidade que vos rodea e tamén vos van desafiar a pensar e actuar. Lede con atención e de maneira reflexiva os textos, realizade todas as tarefas propostas con entusiasmo e completade o reto final, xa que vos permitirá poñer en práctica todo o aprendido.
Preparádevos para descubrir e aprender de xeito áxil e colaborador.
Imos aló.
Lectura facilitada
Nesta actividade ides traballar tres aspectos básicos
para poder coñecer o mundo no que vivimos:
a xeografía da poboación,
a xeografía urbana
e as desigualdades existentes
e como a cooperación pode axudar a corrixilas.
Seguindo os contidos que se vos propoñen,
seredes quen de saber como se distribúen as persoas no planeta,
que son e como se organizan as cidades
e cales son os desafíos globais que temos que enfrontar
e, loxicamente que medidas se poden adoptar para poder superalos.
Os quefaceres vanvos axudar a comprender
moito mellor a realidade que vos rodea
e tamén vos van desafiar a reflexionar e actuar.
Lede con atención e de maneira reflexiva os textos,
realizade todas as tarefas propostas con entusiasmo
e completade o reto final,
xa que vos permitirá poñer en práctica todo o aprendido.
Preparádevos para descubrir e aprender
de xeito áxil e colaborador.
Imos aló.