Rama da xeografía que estuda a distribución, composición, dinámica e movementos da poboación no espazo terrestre.
Exemplo:
A Xeografía da poboación pode explicar por que a poboación se distribúe irregularmente polo planeta.
Xeografía Urbana
Definición:
Rama da xeografía humana que se encarga do estudo das cidades e dos sistemas urbanos.
Exemplo:
Aprender xeografía urbana permitirache saber moito mellor como se organiza unha cidade.
É o momento de comezar
O REA que agora ides comezar é especial. Por que é especial? Pois porque é o último desta materia e ademais porque é o máis extenso de todos.
Imos aló.
Xa sabedes que a materia de xeografía consiste en algo máis que en estudar ríos, montañas, climas... A xeografía é unha disciplina básica para que poidades entender o territorio: como vivimos nel, como o organizamos e como nos interrelacionamos co noso contorno. Partindo desta idea, ao longo deste REA e mediante o traballo cos textos, coas actividades e co reto que vos propoñemos, seredes quen de aprender un montón de cousas de xeografía da poboación, de xeografía urbana e tamén poderedes concienciarvos das desigualdades que están presentes no mundo no que vivimos e de como a cooperación se está a converter nunha ferramenta esencial para combater as diferenzas e as inxustizas.
Estades listos?
Comeza a conta atrás: 5, 4, 3, 2,1... Arrancando!!!
É o momento de arrancar
Lectura facilitada
O REA que agora ides comezar é especial.
Porque é o último desta materia
ademais é o máis extenso de todos.
Imos aló.
A xeografía é algo máis que en estudar ríos, montañas, climas...
A xeografía é unha disciplina básica para entender como vivimos,
para entender como nos organizamos
e para entender como nos interrelacionamos co noso contorno.
Partindo desta idea, ao longo deste REA
seredes quen de aprender un montón de cousas de xeografía da poboación,
de xeografía urbana
e tamén poderedes concienciarvos das desigualdades que están presentes no mundo
e de como a cooperación axuda a combater as diferenzas e as inxustizas.