É un indicador que dá a coñecer o grao de progreso de cada país atendendo a tres aspectos básicos: sanidade, educación e economía.
Exemplo:
Suíza ten un IDH de 0,967, o máis alto do mundo no ano 2022.
Índice de Gini
Definición:
É un indicador que dá a coñecer o grao de progreso de cada país atendendo a tres aspectos básicos: sanidade, educación e economía.
Exemplo:
Corrado Gini, estatístico e demógrafo italiano, no ano 1912 idea o índice que leva o seu nome.
Fondo Monetario Internacional (F.M.I.)
Definición:
É unha organización internacional formada por 191 países coa función de mellorar o benestar e estabilidade económicas dos estados membros.
Exemplo:
O F.M.I. fúndase tras a II Guerra Mundial para tentar estabilizar a economía mundial.
Produto Interior Bruto (P.I.B.)
Definición:
É un medidor económico que ten en conta o total da produción de bens e servizos dun país, área ou rexión ao longo do ano.
Exemplo:
O Produto Interior Bruto de España é de 1,593 billóns de euros.
Algúns medidores
Os factores que explican o desigual desenvolvemento entre os países do mundo son diversos: o imperialismo e a colonización, ás dinámicas competitivas do modelo produtivo actual, a desigualdade que existe nos intercambios comerciais mundiais, a fenda tecnolóxica, a débeda externa, ou os conflitos armados e políticos dalgúns países.
A riqueza dun país ou territorio é o indicador usado de xeito habitual para medir o seu nivel de desenvolvemento, cuantificada en termos de produto interior bruto ou PIB. Dividindo o PIB entre a poboación do territorio analizado obtense o PIB per cápita ou renda per cápita, indicador que mide a relación que existe entre a riqueza dun país e a súa poboación. Atendendo aos datos de PIB per cápita, os países cos valores máis altos son denominados desenvolvidos, con valores baixos subdesenvolvidos e con valores intermedios en vías de desenvolvemento. Os valores, segundo o F.M.I. (Fondo Monetario Internacional), van desde os máis de 80.000 $ per cápita (dólares) de Noruega, aos 622 $ per cápita de Níxer no ano 2021.
Pica enriba da imaxe para agrandala e poder responder ás preguntas que aparecen posteriormente
O PIB per cápita non sempre é moi bo indicador. Cun caso hipotético e extremo valo entender: imaxina que nun grupo de 20 persoas cada unha ten 1.000 euros (o PIB sería 20.000). O PIB p.c. é de 1.000 euros. Pero se noutro grupo de 20 persoas unha ten 20.000 euros e 19 non teñen nada, o PIB p.c. é o mesmo. O PIB per cápita é un dato importante, pero tamén é fundamental saber como está distribuída a riqueza realmente entre a poboación. Por regra xeral, canto máis pobre é un país peor distribuída está a riqueza.
Por iso en 1990 a ONU (Organización de Nacións Unidas) decidiu usar outros indicadores alén dos económicos para medir o nivel de desenvolvemento dun país: o índice de desenvolvemento humano ou IDH. Elabórase anualmente atendendo a tres criterios: renda, acceso á educación e esperanza de vida ao nacer, que outorgan un índice con rango de 0 para o valor máis baixo, a 1, valor ideal. Así podemos medir o desenvolvemento humano dos países: por exemplo Noruega, cun IDH de 0.957 ten un desenvolvemento humano moi alto, fronte a 0.394, de Níxer, moi baixo.
O número de países con alta desigualdade é un indicador máis recente que recoñece os niveis de desigualdade dentro dos países como un forte obstáculo para acadar o crecemento económico dos mesmos, a redución da pobreza e a igualdade de oportunidades económicas e educativas da súa poboación. Este indicador utiliza o índice de GINI (baseado nos ingresos) como medida, e identifica 52 países con altos niveis de desigualdade, concentrados na África Subsahariana e América Latina.
Le o parágrafo seguinte e escribe as palabras que faltan.
Para cuantificar as desigualdades tanto dentro dun país como a nivel mundial, usamos unha serie de medidores. O utilizado de xeito máis habitual é o Producto Interior Bruto, baseado na riqueza dun país . Dividindo o PIB entre a poboación do país obtemos outro indicador chamado PIB per cápita ). Cos datos resultantes clasificamos aos países con valores de PIB máis alto como desenvolvidos e aos de PIB máis baixo como subdesenvolvidos . Outro indicador ultilizado é o IDH que suma ao criterio económico outros como o acceso a educación e a esperanza de vida ao nacer. Dentro dun mesmo país usamos o Indice de Gini, que nos achega datos do número de países con alta desigualdade .