Que é o diario de aprendizaxe?
O diario de aprendizaxe é o espazo no que irás recollendo as experiencias vividas, tanto dentro como fóra da aula, relacionadas co proceso de aprendizaxe ao longo do reto. Co seu uso desenvolverás a túa autonomía e a capacidade para reflexionar e aprender a aprender.
Deberás cubrilo segundo as indicacións do teu profesor ou da túa profesora. No diario de aprendizaxe irás valorando o teu progreso no reto, polo que é individual. Con todo, contén algunhas actividades para facer individualmente e outras en colaboración co teu grupo.
Servirache de axuda para autoavaliarte, compartir información cos teus compañeiros e compañeiras de grupo e conseguir o reto proposto.
Lectura facilitada
No diario de aprendizaxe anotarás as experiencias
relacionadas co proceso de aprendizaxe.
Co seu uso desenvolverás a túa autonomía,
desenvolverás a capacidade para reflexionar
e tamén aprender a aprender.
Para cubrir o diario de aprendizaxe
Segue as indicacións do teu profesor ou da túa profesora.
O diario de aprendizaxe ten actividades en grupo
e actividades individuais,
e valerache para autoavaliarte,
servirache para compartir información
e tamén para conseguir o reto.