Glosario
Cidade
-
Definición:
-
Asentamento con servizos e funcións que atenden o territorio que a rodea, e cunha poboación que non se dedica principalmente nin á agricultura nin á gandaría.
-
Exemplo:
-
Tokio é a cidade coa maior cantidade de poboación do mundo.
Sector industrial
-
Definición:
-
Sector económico que se encarga de transformar materias primas en bens elaborados ou semielaborados. Sector secundario.
-
Exemplo:
-
A siderurxia é unha actividade propia do sector secundario.
Sector servizos
-
Definición:
-
Sector económico que engloba aquelas actividades que xeran servizos para satisfacer as necesidades de calquera poboación. Sector terciario.
-
Exemplo:
-
Comercio, transportes, espectáculos son actividades propias do sector servizos.















