Característica da evolución que permite preservar, manter ou mellorar a calidade dos recursos e dos equilibrios naturais, así como velar polo futuro.
Exemplo:
Aínda que parezan moi atractivas, as cidades cheas de casiñas unifamiliares dificultan a sustentabilidade das cidades.
Os retos da cidade
Nun mundo de grandes cidades, estas deben afrontar problemas e retos complexos:
Garantir o subministro de todo tipo de produtos, incluídos os alimentos, así como da enerxía (electricidade, gas) necesaria, que é moita.
Facilitar a mobilidade da poboación e das mercadorías, que pola aglomeración de poboación e industria crea grandes atascos e dificulta o aparcamento, polo que as cidades promoven o transporte público fronte ao privado.
Loitar contra a contaminación, sobre todo do aire, que nos peores casos crea problemas de saúde para a poboación. Tamén son serios problemas a contaminación das augas, a contaminación acústica e a lumínica (a luz nocturna nas cidades non só impide ver as estrelas, senón que afecta á fauna urbana, en particular ás aves, e altera o ritmo de crecemento das árbores)
Xestionar a recollida, almacenamento e tratamento das inxentes cantidades de lixo e residuos que se xera nas cidades.
Garantir o subministro de auga potable para unha poboación crecente, e depurar as augas residuais, o cal ten un elevado custo.
Conseguir espazos urbanos agradables, con áreas verdes, espazos de lecer e de vida en común, como prazas acolledoras.
Loitar contra a especulación da vivenda, que a encarece e fai moi difícil para moita xente poder comprar un piso ou unha casa na cidade.
Loitar contra as desigualdades crecentes nas cidades entre unha minoría privilexiada e a poboación máis desfavorecida.
Velar pola seguridade da poboación.
Planificar correctamente o crecemento urbano, para que este non agrave consecuencias derivadas de catástrofes naturais. Por exemplo, a proliferación de vivendas en áreas arboradas da periferia incrementa o risco de incendios e os danos que provocan. Podes ver un exemplo na imaxe de abaixo á esquerda, dun incendio en Florida, EEUU, no que o risco se incrementa por estaren as vivendas rodeadas de árbores. Outro exemplo é o incremento da superficie impermeabilizada con asfalto, cemento ou baldosas, que impide a infiltración da auga, polo que esta se acumula en superficie e agrava os efectos das inundacións. A chaira centroeuropea, moi urbanizada, é un caso claro. Na imaxe de abaixo á dereita tes unha inundación na cidade de Klodzko, en Polonia, en setembro de 2024.
Lume en Merritt Island, Florida
Inundación en Kłodzko, Polonia, en 2024
Garantir a soustentabilidade das áreas urbanas.
Lectura facilitada
Nun mundo de grandes cidades,
estas deben afrontar problemas
e retos complexos:
Garantir o subministro de todo tipo de produtos, incluídos os alimentos,
así como da enerxía (electricidade, gas) necesaria.
Facilitar a mobilidade
da poboación e das mercadorías,
que pola aglomeración
de poboación e industria
crea grandes atascos
e dificulta o aparcamento,
polo que as cidades promoven
o transporte público fronte ao privado.
Loitar contra a contaminación,
sobre todo do aire,
que nos peores casos
crea problemas de saúde para a poboación.
Xestionar a recollida,
almacenamento e tratamento
das inxentes cantidades de lixo
e residuos que se xera nas cidades.
Garantir o subministro de auga potable
para unha poboación crecente,
e depurar as augas residuais,
o cal ten un elevado custo.
Conseguir espazos urbanos agradables,
con áreas verdes,
espazos de lecer
e de vida en común,
como prazas acolledoras.
Loitar contra a especulación da vivenda,
que a encarece
e fai moi difícil para moita xente
poder comprar un piso
ou unha casa na cidade.
Velar pola seguridade da poboación.
Garantir a sustentabilidade das áreas urbanas.
Planificar correctamente o crecemento urbano,
para que este non agrave consecuencias das catástrofes naturais.
Por exemplo:
a proliferación de vivendas en áreas arboladas
incrementa o risco de incendios e os danos que provocan.
Outro exemplo
é o incremento da superficie impermeabilizada con asfalto,
cemento ou baldosas,
que impide a infiltración da auga,
polo que esta se acumula en superficie
e isto agrava os efectos das inundacións.
Audio
España e Galicia
As áreas urbanas españolas e galegas comparten coas do mundo enteiro os problemas que acabamos de citar. Pero algúns vense agravados polas circunstancias históricas. Os dous grandes períodos de crecemento urbano español e galego foron os anos 60-80 do século pasado, e as primeiros anos deste século, antes da crise inmobiliaria de 2008. O primeiro período tivo lugar -ata 1978- nun réxime ditatorial, sen ningún mecanismo de control ou sequera participación por parte da sociedade. O resultado foi un crecemento moi especulativo, con cidades que carecen en xeral de áreas verdes e espazos de sociabilidade, e que invadiron espazos naturais como praias ou beiras fluviais. En canto ao segundo período, a comezos de século XXI, España xa era unha democracia, pero aínda así o planeamento urbano tivo moitas deficiencias, seguiu dominando a especulación, e non sempre se respectaron as cuestións medioambientais.
O resultado do deficiente planeamento urbano español nótase traxicamente. Por exemplo, ás veces construíuse en ramblas (cursos de auga que van case sempre secos) ou chairas de inundación, que provocan graves danos, mesmo vítimas mortais, cando hai precipitacións intensas. O litoral nas áreas máis turísticas presenta un exceso de edificacións e instalacións que alteran as correntes mariñas, destrúen praias ou contaminan as augas, entre outros problemas.
Lectura facilitada
As áreas urbanas españolas e galegas
comparten coas do mundo enteiro
os problemas que acabamos de citar.
Algúns vense agravados polas circunstancias históricas.
Os dous grandes períodos de crecemento urbano español
e do crececemento urbano galego
foron os anos 60-80 do século pasado,
e as primeiros anos deste século,
antes da crise inmobiliaria de 2008.
O primeiro período tivo lugar -ata 1978- nun réxime ditatorial,
sen ningún mecanismo de control.
O resultado foi un crecemento moi especulativo,
con cidades que carecen de áreas verdes,
que invadiron espazos naturais.
En canto ao segundo período,
a comezos de século XXI,
España xa era unha democracia,
pero aínda así o planeamento urbano tivo moitas deficiencias,
seguiu dominando a especulación,
e normalmente non se respectaron as cuestións medioambientais.
O resultado do deficiente planeamento urbano español
nótase traxicamente.
Por exemplo,
ás veces construíuse en ramblas
(as ramblas son cursos de auga que van case sempre secos)
ou chairas de inundación,
que provocan graves danos,
mesmo vítimas mortais,
cando hai precipitacións intensas.
O litoral nas áreas máis turísticas
presenta un exceso de edificacións e instalacións.
Estas edificacións alteran as correntes mariñas,
tamén destrúen praias,
e contaminan as augas.
Audio
A sustentabilidade, o gran desafío
A sustentabilidade é o un gran reto actual. Hoxe considérase que o modelo de cidade difusa, con casiñas unifamiliares rodeadas de verde, non é en realidade ecolóxico nin sustentable, porque fai que as cidades se espallen por unha área tan extensa que son necesarios moitos e máis longos desprazamentos en coche, incrementando a contaminación e as emisións de CO2. Por iso tamén se encarecen os servizos urbanos (recollida de lixo, redes de subministro de auga, gas, electricidade, Internet, teléfono...). Nas cidades moi compactas, con moitos edificios altos, todo iso resulta máis fácil e barato, porque reduce desprazamentos (e con eles a contaminación), e consume menos recursos.
Na imaxe de abaixo á esquerda tes un exemplo de cidade compacta, en Kuala Lumpur, e á dereita de cidade difusa, en Birmingham. A case todo o mundo lle parece máis atractiva a cidade difusa, mesmo máis verde e ecolóxica. Pero en realidade é menos sustentable, como acabades de ler.
Imaxe dunha cidade compacta: Kuala Lumpur
Imaxe dunha cidade difusa: Birminhgam
Lectura facilitada
Este último é un gran reto actual.
Hoxe considérase que o modelo de cidade difusa,
con casiñas unifamiliares rodeadas de verde,
non é en realidade ecolóxico nin sustentable,
porque fai que as cidades se espallen
por unha área tan extensa
que son necesarios moitos
e máis longos desprazamentos en coche,
incrementando a contaminación
e as emisións de CO2.
Por iso tamén se encarecen os servizos urbanos
(recollida de lixo,
redes de subministro de auga,
gas,
electricidade,
Internet,
teléfono...).
Nas cidades moi compactas,
con moitos edificios altos,
todo iso resulta máis fácil e barato,
porque reduce desprazamentos
(e con eles a contaminación),
e consume menos recursos.
A case todo o mundo lle parece máis atractiva
a cidade difusa, mesmo máis verde e ecolóxica.
Pero en realidade é menos sustentable.
Audio
Facemos sustentable a cidade.
Vas ver unha serie de aspectos relativos á xestión urbana. Cando termines, terás que indicar cal é o principal problema que enfrontan as cidades.
1
Todas as cidades enfrontan un gran desafío que en realidade engloba todos os problemas que deben solucionar. Unha pista. A inicial é un S.
Cada vez máis cidades están creando sectores nos que existe o chamado "bosque vertical", con vexetación que escala polos edificios e enche as azoteas. Que problema se pretende evitar? Selecciona a resposta da seguinte lista: Atascos de tráfico, carestía da vivenda, contaminación, falta de espazos públicos, subministracións e servizos.
Os sistemas de transporte colectivo tamén axudan a reducir a contaminación, porque reducen o número de vehículos nas cidades. Que problema é o que se ve reducido? Selecciona a resposta da seguinte lista: Conxestión do tráfico, carestía da vivenda, recollida e tratamento de lixo, seguridade da poboación.
A imaxe é ilustrativa dun dos problemas máis graves aos que se enfrontan as cidades. Cal é? Selecciona a resposta dunha destas opcións: contaminación, recollida e tratamento do lixo, atascos de tráfico, subministro de auga potable.
Nas cidades as obras son molestas, pero en moitos casos inevitables. Que problema urbano precisa de obras para poder ser solucionado? Escolle a resposta da seguinte lista: contaminación, subministracións e servizos, atascos de tráfico, carestía da vivenda.