Saltar navegación

3.3. Desigualdades e cooperación

Introdución: desigualdades e cooperación

Todos sabemos que vivimos nun mundo cada vez máis globalizado, no que as persoas estamos conectadas e integradas en procesos semellantes, pero, da mesma maneira, en vez de diluírse as desigualdades entre uns países e outros e dentro da poboación dos propios países, aumentan.

A desigualdade baséase na diferenza entre as persoas que teñen e as que non, e non só no referido á riqueza económica, senón tamén a outros aspectos como a esperanza de vida ou a facilidade para acceder a servizos de saúde, educación, ou servizos públicos. Existen desigualdades entre os distintos grupos sociais  e  grupos de idade dunha poboación, pero tamén entre homes e mulleres.

Vivimos nun mundo cheo de contrastes
Debuxo de nenos nunha favela brasileira

Lectura facilitada

Vivimos nun mundo cada vez máis globalizado.

As persoas estamos conectadas e integradas,

Pero as desigualdades entre países non diminúen,

As desigualdades aumentan entre países

e tamén dentro dos propios países.

A desigualdade baséase na diferenza entre as persoas.

Existen moitos tipos de desigualdades:

Diferenzas de riqueza,

Diferenzas de esperanza de vida,

Diferenzas de acceso aos servizos....

Tamén hai desigualdades entre distintos grupos sociais,

entre diferentes grupos de idade,

e entre homes e mulleres.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)