Deseño
DESEÑO DUNHA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN
Unha pirámide de poboación é un gráfico que nos dá información sobre a estrutura por idade e sexos dunha poboación e tamén dos seus acontecementos demográficos máis destacables: no seu perfil os entrantes indican perdas de poboación (epidemias, guerra, emigración...) e os saíntes incrementos (inmigración, crecemento económico...).
Preme enriba da imaxe para vela ampliada:

1. Tendes que procurar os datos necesarios como os que, por exemplo, figuran na seguinte táboa (Datos de homes e mulleres dende 0 a 90 e máis anos organizados por grupos quinquenais).
Podedes recorrer a numerosos enderezos electrónicos, por exemplo:
- De Galicia: Preme aquí para acceder aos datos.
- De España: Peme aquí para acceder aos datos.
- Do resto do mundo en Datosmacro.com: Éntrase na páxina, selecciónase un continente e logo o país do que nos interese coñecer os datos. Preme aquí para acceder a eles.
2. Trazade dous eixos: Pódese facer nun folio pero é moito máis doado que o fagades con papel milimetrado, quedará mellor.
- No de ordenadas (vertical) situade os grupos de idade de 5 en 5 anos.
- No de abscisas (horizontal) debuxade as barras que representen o total, ou a porcentaxe, da poboación que existe en cada grupo de idade. Recordade que deberedes poñer os datos referidos aos homes á esquerda e os das mulleres á dereita.
(Resultaravos máis doado empregar os datos en porcentaxe, para iso deberedes aplicar a seguinte fórmula:
Cantidade de homes ou de mulleres dun grupo de idade determinado/Poboación total) x 100.)
Lectura facilitada
DESEÑO DUNHA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN
Unha pirámide de poboación é gráfico.
A pirámide dá información sobre a estrutura por idade e sexos,
tamén informa dos seus acontecementos demográficos máis destacables:
os entrantes indican perdas de poboación (epidemias, guerra, emigración...)
e os saíntes incrementos (inmigración, crecemento económico...).
1. Tendes que procurar os datos necesarios
como os que, por exemplo, figuran na seguinte táboa
(Datos de homes e mulleres dende 0 a 90 e máis anos organizados por grupos quinquenais).
Podedes recorrer a numerosos enderezos electrónicos, por exemplo:
- De Galicia: Preme aquí para acceder aos datos.
- De España: Preme aquí para acceder aos datos.
- Do resto do mundo en Datosmacro.com:
Éntrase na páxina, selecciónase un continente,
e logo o país do que nos interese coñecer os datos.
Preme aquí para acceder a eles.
2. Trazade dous eixos:
Pódese facer nun folio
pero é moito máis doado
facelo con papel milimetrado.
- No de ordenadas (vertical) situade os grupos de idade
de 5 en 5 anos.
- No de abscisas (horizontal)
debuxade as barras que representen a poboación.
Pode ser o total
ou a porcentaxe de cada grupo.
Cas porcentaxes é máis doado.
Para calcular a porcentaxe empregade a fórmula seguinte:
(Cantidade de homes ou de mulleres dun grupo de idade determinado/Poboación total) x 100.
Os datos dos homes van na esquerda.
Os datos das mulleres van na dereita.