Saltar navegación

3.2. Xeografía Urbana

 

Glosario

Xeografía urbana

Vista de Beijing

Definición:

Parte da xeografía que analiza o mundo urbano.

Exemplo:

A xeografía urbana rama moi importante da xeografía.

Introdución: un mundo de cidades

Cando o ser humano se fixo sedentario, hai uns 10.000 anos, apareceron as primeiras cidades. Ao principio eran pouco máis que aldeas grandes, rodeadas pronto de murallas para defenderse de ataques inimigos. Xa viches que durante a maior parte da historia da humanidade a poboación crecía lentamente, e así o facían as cidades. Algunhas chegaron a ser moi grandes, como a Roma Antiga, pero a meirande parte tiñan un tamaño reducido, cuns límites ben definidos, e entre elas estendíase o campo coas súas aldeas e vilas, nos que vivía a maior parte da poboación. O gran proceso de cambio que foi a revolución industrial, agraria e demográfica modificou radicalmente a situación. Non só a poboación urbana se multiplicou e o tamaño dos núcleos urbanos aumentou espectacularmente, senón que os modos de vida urbanos se espallaron por todo o territorio.

Vista de Beijing (China)
Fotografía da cidade de Beijing (China)

Lectura facilitada

Cando o ser humano se fixo sedentario,

hai uns 10.000 anos,

apareceron as primeiras cidades.

Ao principio eran 

aldeas grandes,

rodeadas de murallas para defenderse.

Xa viches que durante a maior parte da historia 

a poboación crecía lentamente,

e así o facían as cidades.

Algunhas chegaron a ser moi grandes,

como a Roma Antiga,

pero a meirande parte tiñan un tamaño reducido,

cuns límites ben definidos,

e entre elas estendíase o campo

coas súas aldeas e vilas,

nos que vivía a maior parte da poboación.

Coa revolución industrial, agraria e demográfica

modificou radicalmente a situación.

Aumentou a poboación urbana

aumentou o tamaño das cidades

e os modos de vida urbanos espalláronse por todo o territorio.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)