Adiante co reto
O conferenciante que chega ao voso instituto para falar de desigualdades no mundo actual tiña planificado facelo ofrecendo exemplos de tres países: un desenvolvido (Noruega), outro en vías de desenvolvemento (India) e outro non desenvolvido (Níxer). Para cada un tiña unha carpeta cos seus datos, relativos á poboación, mundo urbano e laboral e indicadores de desenvolvemento.
Pero un tropezo.... e toda a información das carpetas cae ao chan e queda desordenada espallada polo corredor. Como vós acabades de ver xustamente estes aspectos, corredes a axudarlle a recoller as follas e colocar cada ficha na carpeta correcta. O problema é que as fichas non teñen o nome do país. Seredes quen de colocalas axeitadamente? A conferencia empeza en media hora!
Faino con xeito, porque unha vez rematada a tarefa deberedes explicar ao resto da clase os criterios empregados para clasificar as fichas por países.
