Saltar navegación

As cidades contan a súa historia

 

Glosario

Casco histórico

Imaxe do casco histórico de Cáceres

Definición:

Parte antiga da cidade, onde atopamos os edificios históricos.

Exemplo:

  Cando chegan a unha cidade, os turistas visitan sobre todo o seu casco histórico, para ver os monumentos do pasado.

Ensanche

Imaxe dun ensanche urbano de Viena

Definición:

Parte da cidade construída no século XIX a carón do casco histórico para acoller á poboación acomodada, cun plano regular, rúas máis anchas e edificios modernos na época.

Exemplo:

  En España moitos ensanches son de finais do século XIX e principios do XX, polo que teñen moitos edificios de estilo modernista.

Suburbio

Imaxe dun suburbio urbano neoiorquino

Definición:

Sector da cidade máis ou menos afastado do centro.

Exemplo:

  Os obreiros que ían traballar á cidade no século XIX vivían en suburbios próximos ás fábricas.

Cidade-dormitorio

Imaxe de Biduído, Ames.

Definición:

Área residencial máis ou menos ampla na que apenas existen negocios, polo que quedan baleiras polo día.

Exemplo:

  A poboación adoita estar ausente das cidades-dormitorio nos días de traballo.

C.B.D.

Imaxe do C.B.D. de Toronto

Definición:

Sector da cidade no que dominan as oficinas e os negocios, con moi escasa poboación residente. As siglas corresponden a Central Business District.

Exemplo:

  De noite os C.B.D. quedan case baleiros.

Os sectores da cidade: etapas preindustrial e industrial

Cada período histórico tivo a súa maneira de construír as cidades, en función dos modos de vida, o nivel técnico ou a moda. Por iso as sucesivas etapas históricas na construción das cidades deixaron a súa pegada, de maneira que hoxe podemos diferenciar distintas áreas nas cidades segundo o aspecto dos edificios, o trazado das rúas ou a propia concepción da cidade.

A etapa pre-industrial (en Europa, antes do século XIX)

A este período corresponde a parte da cidade anterior á revolución industrial. Forma o chamado casco histórico ou vello, ou cidade antiga. Nela atopamos os edificios máis antigos, con frecuencia os máis representativos da cidade. As rúas adoitan ser estreitas, e o plano polo xeral irregular.

Imaxe da Praza Maior de Segovia
Imaxe da Praza Maior de Segovia

Como no pasado as cidades estaban amuralladas, no plano é posible en moitos casos identificar todo ou parte do trazado das antigas murallas porque no seu lugar hai rúas “de ronda” que rodean o casco histórico. O Ring de Viena (Ringstrasse) é unha rúa de ronda que rodea toda a parte antiga da cidade, onde estaban as murallas e un espazo baleiro de seguridade que as rodeaba. 

Imaxe do Ring de Viena (Ringstrasse)
Imaxe do Ring de Viena (Ringstrasse)


Nalgunhas cidades, para unir o casco histórico coas novas áreas da cidade abríronse rúas de conexión, como por exemplo a Gran Vía de Madrid. Esta imaxe de 1910 móstranos os traballos para abrila e conectar así o casco vello con outras zonas máis recentes da cidade. Fíxate que iso significou derrubar varios quinteiros de edificios do casco histórico madrileño. Hoxe sería impensable.

Imaxe da apertura da Gran Vía de Madrid
Imaxe da apertura da Gran Vía de Madrid


A etapa industrial (séculos XIX-XX)

Desde o século XIX, a medida que as cidades europeas comezaron a crecer, apareceron novas áreas urbanas, que chegaron a ocupar máis superficie que o casco histórico. Estes novos sectores da cidade diferenciábanse segundo a súa función e a clase social que acollían:

  • O ensanche está pegado ao casco histórico. Xorde como zona residencial para a clase alta, con bonitos edificios coas comodidades modernas (ascensor, calefacción), e rúas anchas de trazado rectilíneo, adaptadas ao tráfico de carruaxes e coches. Nesta imaxe ves o contraste entre o trazado regular do ensanche de León e o plano irregular do seu casco histórico. As cidades máis grandes e importantes tiveron os seus ensanches xa no XIX. Canto máis pequenas e menos dinámicas, máis tardaron as cidades en desenvolvelos, mesmo algúns son de mediados do século XX.
Plano de León: casco histórico e ensanche
Plano do casco histórico de León
  • Os suburbios obreiros estaban algo máis afastados, na periferia e ao longo das estradas de acceso á cidade. Eran zonas residenciais para os obreiros, con edificios de peor calidade que o ensanche, rúas menos anchas, e trazado en xeral máis irregular. A continuación tendes unha vista dun suburbio obreiro en Nova Iork en 1900. Non se perciben prazas, nin áreas verdes, nin estética coidada nos edificios. As cidades que antes se industrializaron antes desenvolveron suburbios, e canto máis grande e importante a cidade, maior extensión acada esta parte da cidade.
Fotografía dun suburbio neoiorquino a comezos do século XX
Fotografía dun suburbio neoiorquino a comezos do século XX
  • As áreas industriais. As fábricas urbanas estaban nestes barrios ou suburbios obreiros, creando espazos sucios e contaminados, como ves nesta vella imaxe de Durham, en Carolina do Norte, Estados Unidos. As fábricas ocupaban amplos espazos no centro das cidades. Co paso do tempo a industria foise trasladando ás aforas.
Fotografía dunha área industrial tabaqueira en Durham, USA.
Fotografía dunha área industrial tabaqueira en Durham, USA.

Lectura facilitada

Cada período histórico

tivo a súa maneira de construír as cidades,

en función dos modos de vida,

o nivel técnico ou a moda.

Por iso as sucesivas etapas históricas

deixaron a súa pegada

na construción das cidades,

de maneira que hoxe podemos diferenciar

distintas áreas nas cidades

segundo o aspecto dos edificios,

o trazado das rúas

ou a propia concepción da cidade.


A etapa pre-industrial

(en Europa, antes do século XIX)

É a parte da cidade anterior á revolución industrial.

Forma o chamado casco histórico ou vello,

ou cidade antiga.

Nela atopamos os edificios máis antigos,

con frecuencia os máis representativos da cidade.

As rúas adoitan ser estreitas,

e o plano polo xeral irregular.

Como no pasado as cidades estaban amuralladas,

no plano é posible en moitos casos

identificar todo ou parte do seu trazado,

porque hai rúas “de ronda”

que rodean o casco histórico.

Nalgunhas cidades,

para unir o casco histórico coas novas áreas

abríronse rúas de conexión,

como por exemplo a Gran Vía de Madrid.

O Ring de Viena (Ringstrasse)

é unha rúa de ronda

que rodea toda a parte antiga da cidade,

onde estaban as murallas

e un espazo baleiro de seguridade

que as rodeaba.

A etapa industrial (séculos XIX-XX).

Desde o século XIX,

a medida que as cidades europeas comezaron a crecer,

apareceron novas áreas da cidade,

que chegaron a ocupar máis superficie

que o casco histórico.

Estes novos sectores da cidade

diferenciábanse segundo a súa función

e a clase social que acollían:

  • O ensanche:

Está pegado ao casco histórico.

Era unha zona residencial para a clase alta,

con bonitos edificios

coas comodidades modernas

(ascensor, calefacción),

e rúas anchas de trazado rectilíneo,

adaptadas ao tráfico de carruaxes e coches.

  •  Os suburbios obreiros:

Estaban algo máis afastados,

na periferia

e ao longo das estradas de acceso á cidade.

Eran zonas residenciais para os obreiros,

con edificios de peor calidade que o ensanche,

rúas menos anchas,

e trazado en xeral máis irregular.

E se non hai casco histórico?

Na América hispana moitas cidades fundadas polos colonizadores españois conservan o seu casco histórico. Pero outras moitas, e a maioría de Norteamérica, son moi recentes, sen un verdadeiro casco histórico. Nelas o centro da cidade está ocupado por edificios de grande altura que acollen sobre todo oficinas. É o que chaman o downtown (ou núcleo urbano). E a maior parte da poboación vive en áreas residenciais que se estenden por unha moi ampla periferia na que dominan as casas unifamiliares.

Imaxe aérea de Los Angeles(CA)
Imaxe aérea de Los Ángeles, CA.


Los Angeles, California (EEUU). Ao fondo, o downtown (ou núcleo urbano), cos típicos rañaceos americanos. No resto da cidade dominan as casas unifamiliares, polo que o conxunto urbano ocupa unha gran superficie.

Lectura facilitada

Na América hispana

moitas cidades

fundadas polos colonizadores españois

conservan o seu casco histórico.

Pero outras moitas,

e a maioría de Norteamérica

son moi recentes,

sen un verdadeiro casco histórico.

Nelas, o centro da cidade

está ocupado por edificios de oficinas de grande altura.

É o que chaman o downtown.

Downtown ou tamén núcleo urbano

E a maior parte da poboación

vive en áreas residenciais

que se estenden por unha moi ampla periferia

na que dominan as casas unifamiliares.



Os sectores da cidade: etapa recente

A etapa recente (desde mediados do século XX)

Desde mediados do século XX o automóbil fixo que as distancias que se poden recorrer cada día se ampliaran espectacularmente, e con elas a superficie ocupada polas cidades. Esta etapa está marcada polo tanto pola enorme extensión da periferia urbana, na que quedaron englobados pequenas vilas antigas que rodeaban á cidade. É agora cando aparecen a urbanización difusa ou as áreas metropolitanas.

Vista aérea de Seseña Novo
Fotografía aérea de Seseña Novo


Seseña Novo, na provincia de Toledo, forma parte da área metropolitana de Madrid. Sitúase moi preto da autovía para facilitar os desprazamentos.

Un trazo propio desta etapa é que as áreas urbanas se van especializando nunha función. No pasado, en calquera sector da cidade mesturábanse vivendas, negocios, tendas, almacéns... Agora hai áreas urbanas especializadas por funcións, como os polígonos industriais, ou áreas de equipamento, nas que se concentran servizos comerciais, almacéns, complexos hospitalarios, facultades universitarias, institutos de investigación, etc. Estes sectores adoitan situarse na periferia, porque alí o chan é máis barato e poden estar cerca de grandes vías de comunicación.

Fotografía do polígono industrial de Miranda de Ebro
Fotografía do polígono industrial de Miranda de Ebro


Outras áreas están especializadas na función residencial, como barrios con polígonos de bloques de vivendas, ou os conxuntos de vivendas unifamiliares chamados “urbanizacións”. Moitos deles quedan case desertos polo día, cando a poboación marcha traballar ou estudar, e por iso son chamados “cidades-dormitorio”. A imaxe de abaixo é dunha urbanización en Biduído (Ames). Domina a función residencial, e a ausencia de actividades económicas baleira a área durante o día.

Fotografía de Biduído de arriba, Ames.
Fotografía de Biduído de arriba, Ames.



As áreas residencias son moi distintas segundo o nivel económico da súa poboación: a maior poder adquisitivo, máis calidade da construción, máis espazos de esparcemento e servizos de calidade. Tamén é de notar que a poboación de maior poder adquisitivo sitúase nas áreas nas que menos se acumula a contaminación.  Abaixo á esquerda Carabanchel, un barrio de clase media e media baixa de Madrid. Á dereita a rúa Marqúes de Larios, en Málaga, é das máis caras de España.

Fotografía de Carabanchel (Madrid)
Fotografía de Carabanchel (Madrid)
Vista da rúa Marqués de Lario, Málaga
Vista da calle Marqués de Lario, Málaga

Lectura facilitada

A etapa recente

Desde mediados do século XX

o automóbil fixo que as distancias

que se poden recorrer cada día

se ampliaran espectacularmente,

e con elas a superficie ocupada polas cidades.

Esta etapa está marcada polo tanto

pola enorme extensión da periferia urbana,

na que quedaron englobados

pequenos pobos antigos que rodeaban á cidade.

É agora cando aparecen a urbanización difusa

ou as áreas metropolitanas.

Seseña Novo,

na provincia de Toledo,

forma parte da área metropolitana de Madrid.

Sitúase moi preto da autovía

para facilitar os desprazamentos.


Un trazo propio desta etapa

 é que as áreas urbanas

 se van especializando nunha función.

No pasado, en calquera sector da cidade

mesturábanse vivendas,

negocios,

tendas,

almacéns...

Agora hai áreas urbanas especializadas por funcións,

como os polígonos industriais,

ou áreas de equipamento,

nas que se concentran servizos comerciais,

almacéns,

complexos hospitalarios,

 facultades universitarias,

institutos de investigación, etc.

Estes sectores adoitan situarse na periferia,

porque alí o chan é máis barato

e poden estar cerca de grandes vías de comunicación.

Outras áreas están especializadas

na función residencial,

como barrios con polígonos de bloques de vivendas,

ou os conxuntos de vivendas unifamiliares

chamados “urbanizacións”.

Moitos deles quedan baleiros polo día,

cando a poboación marcha traballar ou estudar,

e por iso son chamados “cidades-dormitorio”.

Domina a función residencial,

e a ausencia de actividades económicas

 baleira a área durante o día.

As áreas residencias

son moi distintas segundo

o nivel económico da súa poboación. 

O chabolismo

A poboación máis pobre vive en vivendas moi precarias, ás veces construídas por eles mesmos, con poucos servizos básicos e apenas áreas verdes, de lecer, ou espazos públicos como prazas onde poder relacionarse. En practicamente todas as cidades hai algún sector pequeno deste tipo de autoconstrución, fenómeno que en galego recibe o nome de chabolismo. Pero nos países máis pobres este tipo de vivendas ocupan barrios moi extensos. En francés reciben o nome de bidonvilles (cidades de latón) e en inglés o de slums. Aquí podedes ver un slum en Nairobi, Kenia. Ocupa todo o primeiro plano da imaxe. Fíxate no contraste cos rañaceos do dowtown do fondo.

Fotografía de Nairobi cunha área de autoconstrución en primeiro plano
Fotografía de Nairobi cunha área de autoconstrución en primeiro plano.

Lectura facilitada

A poboación máis pobre

vive en vivendas moi precarias,

ás veces construídas por eles mesmos,

con poucos servizos básicos

apenas áreas verdes,

de lecer,

ou espazos públicos como prazas

onde poder relacionarse.

En practicamente todas as cidades

hai algún sector pequeno deste tipo de autoconstrución,

fenómeno que en galego recibe o nome de chabolismo.

En francés reciben o nome de bidonvilles,

(bidonvilles significa cidades de latón),

e en inglés o de slums.

O C.B.D.

Case todas as cidades teñen un distrito central de negocios, en inglés Central Business District (C.B.D.), no que se concentran as sedes de empresas do sector terciario principalmente. O seu tamaño depende do tamaño da propia cidade e da súa importancia. 

A localización do C.B.D. pode variar. En Norteamérica sitúase polo xeral no downtown. En Europa é típico que se sitúe nalgún sector do ensanche, aínda que ás veces se traslada a un sector novo da cidade, como é o caso da área de Chamartín en Madrid coas súas altas torres de oficinas. E nas cidades grandes pode chegar a haber máis dun sector de negocios.

Nos C.B.D. pasa o contrario que nos barrios-dormitorio: polo día vense milleiros de persoas atarefadas, pero pola noite quedan practicamente desertos.

Nas seguintes imaxes apréciase, á esquerda, o C.B.D. de Toronto (Canadá), que ocupa o seu downtown, e á dereita o C.B.D. de Barcelona cos seus rañaceos, nun sector do ensanche. 

Vista do CBD de Toronto
Vista do CBD de Toronto.
CBD e ensanche de Barcelona
CBD e ensanche de Barcelona.

Lectura facilitada

Case todas as cidades teñen un distrito central de negocios,

en inglés Central Business District (C.B.D.),

no que se concentran as sedes de empresas do sector terciario principalmente.

O seu tamaño depende do tamaño da propia cidade

e da súa importancia. 

A localización do C.B.D. pode variar.

En Norteamérica sitúase polo xeral no downtown

En Europa é típico que se sitúe nalgún sector do ensanche,

aínda que ás veces se traslada a un sector novo da cidade,

como é o caso do barrio de La Défense en París. 

E nas cidades grandes pode chegar a haber máis dun sector de negocios.

Nos C.B.D. pasa o contrario que nos barrios-dormitorio:

polo día vense milleiros de persoas atarefadas,

pero pola noite quedan practicamente desertos.

Pregunta de escolla única

Pregunta

A continuación tes unha serie de imaxes. Para cada unha, identifica a que sector da cidade corresponden.

Vista da Praza Maior de Cáceres.

Respostas

Ensanche

Área periférica: polígono industrial.

Casco histórico

Barrio periférico.

Retroalimentación

Pregunta

Vista dun centro comercial en Destiny, USA.

Respostas

Ensanche

Área periurbana: área de equipamentos.

Casco histórico.

Área periurbana: barrio residencial.

Retroalimentación

Pregunta

Vista aérea de la banlieue norte de París.

Respostas

Área periurbana: área residencial.

Ensanche.

Área periférica: área industrial.

Centro urbano: barrio residencial.

Retroalimentación

Pregunta

Imaxe da rúa Müller de Madrid esquina coa rúa Azucenas

Respostas

Ensanche.

Polígono industrial.

Suburbio obreiro.

Área periférica: área rururbana

Retroalimentación

Pregunta de escolla única

Pregunta

Repara na imaxe.

A que cidade europea representa?

Respostas

París

Roma

Londres

Madrid

Retroalimentación

Pregunta

Repara na imaxe anterior e logo responde:

Os rañaceos do fondo son do barrio de La Défense, creado a finais do século pasado. Pensa un pouco. Isto significa que se construíu:

Respostas

Na área metropolitana

Na conurbación.

Na antiga periferia.

No centro histórico

Retroalimentación

Pregunta

La Défense creouse para acoller oficinas, sedes de empresas e negocios variados, así como algunha actividade comercial. É, polo tanto:

Respostas

O centro histórico da cidade.

CBD

Suburbio

Cidade dormitorio.

Retroalimentación

Repasamos as partes da cidade

Le o texto e completa as palabras que faltan.

%E9%B0%E6%EB%E2%F7%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%D1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%B0%BE%B0%FB%FC%E1%E6%E0%E7%F1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%B0%AE%E2%AC%DE%F7%B2%FD%B2%E6%F7%EA%E6%FD%B2%F7%B2%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%B2%F3%E1%B2%E2%F3%FE%F3%F0%E0%F3%E1%B2%E3%E7%F7%B2%F4%F3%FE%E6%F3%FC%BC%AE%BD%E2%AC%B0%BE%B0%E6%F7%EA%E6%C6%F7%EA%E6%B0%A8%B0%B7%A1%D1%E2%B7%A1%D7%DC%E7%FC%FA%F3%B7%A0%A2%F1%FB%F6%F3%F6%F7%B7%A0%A2%F3%E6%FD%E2%F3%FF%FD%E1%B7%A0%A2%E2%F3%E0%E6%F7%E1%B7%A0%A2%FF%FD%FB%B7%A0%A2%F6%FB%E1%E6%FB%FC%E6%F3%E1%BC%B7%A0%A2%DC%FD%B7%A0%A2%F1%F7%FC%E6%E0%FD%B7%A0%A2%F3%F6%FD%FB%E6%F3%B7%A0%A2%E1%FB%E6%E7%F3%E0%E1%F7%B7%A0%A2%D2%D2%FD%B7%A0%A2%F1%F3%E1%F1%FD%B7%A0%A2%FA%FB%E1%E6%B7%D4%A1%E0%FB%F1%FD%D2%D2%B7%A0%D1%B7%A0%A2%E3%E7%F7%B7%A0%A2%F7%FC%B7%A0%A2%FF%FD%FB%E6%FD%E1%B7%A0%A2%F1%F3%E1%FD%E1%B7%A0%A2%E6%F7%FC%B7%A0%A2%E7%FC%B7%A0%A2%E2%FE%F3%FC%FD%B7%A0%A2%D2%D2%FB%E0%E0%F7%F5%E7%FE%F3%E0%D2%D2%BC%B7%A0%A2%D3%FD%B7%A0%A2%E1%F7%E7%B7%A0%A2%F1%F3%E0%B7%D4%A1%FC%B7%A0%A2%F3%E6%FD%E2%F3%FF%FD%E1%B7%A0%A2%D2%D2%FD%B7%A0%A2%F7%FC%E1%F3%FC%F1%FA%F7%D2%D2%B7%D3%A2%EA%E7%E0%F6%FB%F6%FD%B7%A0%A2%EA%F3%B7%A0%A2%FC%F3%B7%A0%A2%F7%E6%F3%E2%F3%B7%A0%A2%FB%FC%F6%E7%E1%E6%E0%FB%F3%FE%B7%A0%A2%E2%F3%E0%F3%B7%A0%A2%F3%F1%FD%FE%FE%F7%E0%B7%A0%A2%B7%D7%A3%B7%A0%A2%E2%FD%F0%FD%F3%F1%FB%B7%D4%A1%FC%B7%A0%A2%F3%F1%FD%FF%FD%F6%F3%F6%F3%B7%A0%D1%B7%A0%A2%F1%E7%FC%B7%A0%A2%E2%FE%F3%FC%FD%B7%A0%A2%D2%D2%E0%F7%F5%E7%FE%F3%E0%D2%D2%BC%B7%A0%A2%D3%FD%B7%A0%A2%FF%F7%E1%FF%FD%B7%A0%A2%E6%F7%FF%E2%FD%B7%A0%D1%B7%A0%A2%F3%B7%A0%A2%E2%FD%F0%FD%F3%F1%FB%B7%D4%A1%FC%B7%A0%A2%E6%E0%F3%F0%F3%FE%FE%F3%F6%FD%E0%F3%B7%A0%D1%B7%A0%A2%F1%FD%FC%B7%A0%A2%FF%F7%FC%FD%E1%B7%A0%A2%E0%F7%F1%E7%E0%E1%FD%E1%B7%A0%D1%B7%A0%A2%E1%FB%E6%E7%B7%D7%A3%F0%F3%E1%F7%B7%A0%A2%F7%FC%B7%A0%A2%D2%D2%E1%E7%F0%E7%E0%F0%FB%FD%E1%D2%D2%B7%A0%A2%F1%E7%FC%B7%A0%A2%E7%E0%F0%F3%FC%FB%E1%FF%FD%B7%A0%A2%E2%FD%E7%F1%FD%B7%A0%A2%F1%FD%FB%F6%F3%F6%FD%BC%B7%A0%A2%D6%F7%E1%F6%F7%B7%A0%A2%E3%E7%F7%B7%A0%A2%F7%EA%FB%E1%E6%F7%B7%A0%A2%F3%E7%E6%FD%FF%B7%D4%A1%F0%FB%FE%B7%A0%A2%F1%E0%F7%F1%F7%E7%B7%A0%A2%FF%FD%FB%E6%FD%B7%A0%A2%D2%D2%F3%B7%A0%A2%E2%F7%E0%FB%F4%F7%E0%FB%F3%D2%D2%B7%D3%A2%BC%B7%D3%A2%D3%E3%E7%B7%D7%D6%B7%A0%A2%F3%E6%FD%E2%F3%FF%FD%E1%B7%A0%A2%B7%D7%A3%E0%F7%F3%E1%B7%A0%A2%FF%FD%FB%B7%A0%A2%F6%FB%F4%F7%E0%F7%FC%E6%F7%E1%B7%A0%A2%F7%FC%E6%E0%F7%B7%A0%A2%E1%FB%B7%A0%A2%E1%F7%F5%E7%FC%F6%FD%B7%A0%A2%F3%B7%A0%A2%F4%E7%FC%F1%FB%B7%D4%A1%FC%B7%A0%A2%F7%B7%A0%A2%F3%B7%A0%A2%F1%FE%F3%E1%F7%B7%A0%A2%E1%FD%F1%FB%F3%FE%B7%A0%A2%F6%F3%B7%A0%A2%E2%FD%F0%FD%F3%F1%FB%B7%D4%A1%FC%BC%B7%A1%D1%BD%E2%B7%A1%D7%B0%BE%B0%E1%FA%FD%E5%DF%FB%FC%FB%FF%FB%E8%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%FB%E6%FB%FC%F7%E0%F3%E0%EB%B0%A8%E9%B0%E1%FA%FD%E5%D1%FE%E7%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F1%FE%E7%F7%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F5%F7%D1%FE%E7%F7%B0%A8%A6%A2%BE%B0%E1%FA%FD%E5%D1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FF%F7%E1%E1%F3%F5%F7%D1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%B0%B0%EF%BE%B0%F1%F3%E1%F7%C1%F7%FC%E1%FB%E6%FB%E4%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%FB%E1%C1%F1%FD%E0%FF%B0%A8%A3%BE%B0%E6%F7%EA%E6%D0%E7%E6%E6%FD%FC%C1%F1%FD%E0%FF%B0%A8%B0%D5%F3%E0%F6%F3%E0%B2%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%E0%F7%E2%F7%F3%E6%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%E6%E0%E7%F7%BE%B0%E6%F7%EA%E6%D4%F7%F7%F6%D0%F3%F1%F9%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E6%F7%EA%E6%D3%F4%E6%F7%E0%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F4%F7%F7%F6%D0%F3%F1%F9%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F8%F7%D4%D0%B0%A8%A3%A2%A2%BE%B0%E4%F7%E0%E1%FB%FD%FC%B0%A8%A3%BE%B0%F7%E1%E6%E0%FB%F1%E6%D1%FA%F7%F1%F9%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E5%FD%E0%F6%E1%C1%FB%E8%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E6%FB%FF%F7%B0%A8%A2%BE%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%A3%BE%B0%E5%FD%E0%F6%E1%D7%E0%E0%FD%E0%E1%B0%A8%B0%B0%BE%B0%F3%E6%E6%F7%FF%E2%E1%DC%E7%FF%F0%F7%E0%B0%A8%A0%BE%B0%E2%F7%E0%F1%F7%FC%E6%F3%F8%F7%D7%E0%E0%FD%E0%B0%A8%A0%A2%BE%B0%E1%FA%FD%E5%C1%FD%FE%E7%E6%FB%FD%FC%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E5%FD%E0%F6%E1%DE%FB%FF%FB%E6%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F7%E4%F3%FE%E7%F3%E6%FB%FD%FC%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F7%E4%F3%FE%E7%F3%E6%FB%FD%FC%DB%D6%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FB%F6%B0%A8%B0%A0%A2%A0%A7%A6%AB%A3%AB%A0%A3%A1%AA%BF%A3%A0%A2%B0%BE%B0%FF%E1%F5%E1%B0%A8%E9%B0%FF%E1%F5%DA%F3%E2%E2%F7%FC%B0%A8%B0%C2%F3%E1%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C0%F7%E2%FE%EB%B0%A8%B0%C0%F7%E1%E2%FD%FC%F6%F7%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%E7%F0%FF%FB%E6%B0%A8%B0%D7%FC%E4%FB%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%FC%E6%F7%E0%D1%FD%F6%F7%B0%A8%B0%DB%FC%E6%E0%FD%F6%E7%E8%F1%F3%B2%F7%FE%B2%F1a%F6%FB%F5%FD%B2%F6%F7%B2%F3%F1%F1%F7%E1%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%D1%FD%F6%F7%B0%A8%B0%D7%FE%B2%F1a%F6%FB%F5%FD%B2%F6%F7%B2%F3%F1%F1%F7%E1%FD%B2%FC%FD%B2%F7%E1%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D5%F3%FF%F7%DD%E4%F7%E0%B0%A8%B03%D4%FB%FC%B2%F6%F7%B2%FE%F3%B2%E2%F3%E0%E6%FB%F6%F3%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DB%FC%F6%FB%F1%F3%E6%F7%C5%FD%E0%F6%B0%A8%B0%C2%E0%FD%E2%FD%E0%F1%FB%FD%FC%F7%B2%E7%FC%F3%B2%E2%F3%FE%F3%F0%E0%F3%B2%FD%B2%F7%EA%E2%E0%F7%E1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FE%E7%F7%B0%A8%B03%D5%F7%FC%FB%F3%FE%B3%B2%DE%F3%B2%E2%FB%E1%E6%F3%B2%F7%E1%A8%B0%BE%B0%FF%E1%F5%CB%FD%E7%DA%F3%E1%B0%A8%B0%C6%FB%F7%FC%F7%B2%B7%A3%B2%F3%F1%FB%F7%E0%E6%FD%E1%B2%EB%B2%B7%A0%B2%F4%F3%FE%FE%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FD%F6%F7%D3%F1%F1%F7%E1%E1%B0%A8%B0%D1a%F6%FB%F5%FD%B2%F6%F7%B2%F3%F1%F1%F7%E1%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FE%F3%EB%D3%F5%F3%FB%FC%B0%A8%B0%D8%E7%F5%F3%E0%B2%FD%E6%E0%F3%B2%E4%F7%E8%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C0%F7%E3%E7%FB%E0%F7%F6%D3%F1%F1%F7%E1%E1%D9%F7%EB%B0%A8%B0%D7%E1%B2%FC%F7%F1%F7%E1%F3%E0%FB%FD%B2%F7%FE%B2%F1a%F6%FB%F5%FD%B2%F6%F7%B2%F3%F1%F1%F7%E1%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%E6%FB%FD%FC%DE%FD%FD%F9%FB%FC%F5%B0%A8%B03%D5%F7%FC%FB%F3%FE%B3%B2%DE%F3%B2%FB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%F1%FBa%FC%B2%E3%E7%F7%B2%F7%E1%E6%F3%F0%F3%B2%F0%E7%E1%F1%F3%FC%F6%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FE%F3%EB%C1%E6%F3%E0%E6%B0%A8%B0%C2%E7%FE%E1%F7%B2%F3%E3%E7%7F%B2%E2%F3%E0%F3%B2%F8%E7%F5%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%E1%B0%A8%B0%D7%E0%E0%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%E0%E0%FD%E0%B0%A8%B0%D7%E0%E0%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DF%FD%E4%F7%DD%FC%F7%B0%A8%B0%C2%F3%E1%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%E1%B0%A8%B0%D3%F1%F7%E0%E6%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DA%FB%E6%B0%A8%B0%D3%F1%F7%E0%E6%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DF%FB%FC%FB%FF%FB%E8%F7%B0%A8%B0%DF%FB%FC%FB%FF%FB%E8%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DF%F3%EA%FB%FF%FB%E8%F7%B0%A8%B0%DF%F3%EA%FB%FF%FB%E8%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C6%FB%FF%F7%B0%A8%B0%DE%7F%FF%FB%E6%F7%B2%F6%F7%B2%E6%FB%F7%FF%E2%FD%B2%BA%FF%FF%A8%E1%E1%BB%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DE%FB%E4%F7%B0%A8%B0%C4%FB%F6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D4%E7%FE%FE%C1%F1%E0%F7%F7%FC%B0%A8%B0%C2%F3%FC%E6%F3%FE%FE%F3%B2%D1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%EA%FB%E6%D4%E7%FE%FE%C1%F1%E0%F7%F7%FC%B0%A8%B0%C1%F3%FE%FB%E0%B2%F6%F7%FE%B2%FF%FD%F6%FD%B2%E2%F3%FC%E6%F3%FE%FE%F3%B2%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DC%E7%FF%C3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%B0%DCh%FF%F7%E0%FD%B2%F6%F7%B2%E2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DC%FD%DB%FF%F3%F5%F7%B0%A8%B0%C2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%B2%E1%FB%FC%B2%FB%FFs%F5%F7%FC%F7%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FD%FD%FE%B0%A8%B03%D0%FB%F7%FC%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DE%FD%E1%F7%C6%B0%A8%B0%DA%F3%B2%E2%F7%E0%F6%FB%F6%FD%B2%A1%A1%A2%B2%E2%E7%FC%E6%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DE%FD%E1%F7%DE%FB%E4%F7%B0%A8%B0%DA%F3%B2%E2%F7%E0%F6%FB%F6%FD%B2%E7%FC%F3%B2%E4%FB%F6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DE%FD%E1%E6%DE%FB%E4%F7%E1%B0%A8%B03%DA%F3%B2%E2%F7%E0%F6%FB%F6%FD%B2%E6%FD%F6%F3%E1%B2%E1%E7%E1%B2%E4%FB%F6%F3%E1%B3%B0%BE%B0%FF%F5%E1%D3%FE%FE%C3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%E1%B0%A8%B03%D1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%F6%F3%E1%B2%FE%F3%E1%B2%E2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%E1%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%E7%F1%F1%F7%E1%E1%F7%E1%B0%A8%B03%D1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B3%B2%EE%B23%D7%EA%F1%F7%FE%F7%FC%E6%F7%B3%B2%EE%B23%D5%F7%FC%FB%F3%FE%B3%B2%EE%B23%DF%E7%EB%B2%F0%FB%F7%FC%B3%B2%EE%B23%C2%F7%E0%F4%F7%F1%E6%FD%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D4%F3%FB%FE%E7%E0%F7%E1%B0%A8%B03%DC%FD%B2%F7%E0%F3%B2%F7%E1%FD%B3%B2%EE%B23%DB%FC%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B3%B2%EE%B23%DC%FD%B2%F7%E1%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%FD%B3%B2%EE%B23%DE%FD%B2%E1%F7%FC%E6%FB%FF%FD%E1%B3%B2%EE%B23%D7%E0%E0%FD%E0%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C6%E0%EB%D3%F5%F3%FB%FC%B0%A8%B0%DC%F7%F1%F7%E1%FB%E6%F3%B2%F3%FE%B2%FF%F7%FC%FD%E1%B2%E7%FC%B2%B7%E1%B7%B2%F6%F7%B2%E0%F7%E1%E2%E7%F7%E1%E6%F3%E1%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%F3%E1%B2%E2%F3%E0%F3%B2%F1%FD%FC%E1%F7%F5%E7%FB%E0%B2%FE%F3%B2%FB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%F1%FBa%FC%BC%B2%C4%E7%F7%FE%E4%F3%B2%F3%B2%FB%FC%E6%F7%FC%E6%F3%E0%FE%FD%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C5%E0%FD%E6%F7%B0%A8%B0%D7%E1%F1%E0%FB%F0%F3%B2%FE%F3%B2%E2%F3%FE%F3%F0%E0%F3%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%F3%B2%EB%B2%E2%E7%FE%E1%F7%B2%F7%FC%B2%C0%F7%E1%E2%FD%FC%F6%F7%E0%BC%B2%C1%FB%B2%F6%E7%F6%F3%BE%B2%E2%E7%FE%E1%F7%B2%F7%FC%B2%C1%F7%F5%E7%FB%E0%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DC%FD%E6%DC%F7%E6%E5%FD%E0%F9%B0%A8%B0%D3%B2%F7%E1%E6%F7%B2%F8%E7%F7%F5%FD%B2%E1a%FE%FD%B2%E1%F7%B2%E2%E7%F7%F6%F7%B2%F8%E7%F5%F3%E0%B2%F1%FD%FC%B2%F1%FD%FC%F7%EA%FBa%FC%B2%F3%B2%FB%FC%E6%F7%E0%FC%F7%E6%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%FC%F6%D5%F3%FF%F7%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%D3%FC%E6%F7%E1%B2%F6%F7%B2%F5%E7%F3%E0%F6%F3%E0%B2%FE%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%F1%FD%FF%FB%F7%FC%F1%F7%B2%FE%F3%B2%E2%F3%E0%E6%FB%F6%F3%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F1%FD%E0%F7%C1%F1%FD%E0%FF%B0%A8%B0%DE%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%FC%FD%B2%E1%F7%B2%E2%E7%F7%F6%F7%B2%F5%E7%F3%E0%F6%F3%E0%B2%E2%FD%E0%E3%E7%F7%B2%F7%E1%E6%F3%B2%E2s%F5%FB%FC%F3%B2%FC%FD%B2%F4%FD%E0%FF%F3%B2%E2%F3%E0%E6%F7%B2%B2%F6%F7%B2%E7%FC%B2%E2%F3%E3%E7%F7%E6%F7%B2%C1%D1%DD%C0%DF%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C3%E7%F7%E1%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%C2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%FC%E1%E5%F7%E0%B0%A8%B0%C0%F7%E1%E2%FD%FC%F6%F7%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DD%FC%FE%EB%C1%F3%E4%F7%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B03%C1a%FE%FD%B2%E2%E7%F7%F6%F7%B2%F5%E7%F3%E0%F6%F3%E0%B2%FE%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%E7%FC%F3%B2%E4%F7%E8%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DD%FC%FE%EB%C1%F3%E4%F7%B0%A8%B0%C1a%FE%FD%B2%E2%E7%F7%F6%F7%B2%F5%E7%F3%E0%F6%F3%E0%B2%E7%FC%F3%B2%E4%F7%E8%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%DB%FC%F4%FD%E0%FF%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%CB%FD%E7%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C1%E7%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%E7%E6%FA%FD%E0%B0%A8%B0%D3%E7%E6%FD%E0%7F%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DD%FC%FE%EB%C1%F3%E4%F7%D3%E7%E6%FD%B0%A8%B0%C1%E7%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%E1%F7%B2%F5%E7%F3%E0%F6%F3%E0s%B2%F6%F7%E1%E2%E7%7B%E1%B2%F6%F7%B2%F1%F3%F6%F3%B2%E2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%BC%B2%C1a%FE%FD%B2%E2%E7%F7%F6%F7%B2%F8%E7%F5%F3%E0%B2%E7%FC%F3%B2%E4%F7%E8%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F3%E4%F7%D3%E7%E6%FD%B0%A8%B0%C1%E7%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%E1%F7%B2%F5%E7%F3%E0%F6%F3%E0s%B2%F3%E7%E6%FD%FFs%E6%FB%F1%F3%FF%F7%FC%E6%F7%B2%F6%F7%E1%E2%E7%7B%E1%B2%F6%F7%B2%F1%F3%F6%F3%B2%E2%E0%F7%F5%E7%FC%E6%F3%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F7%E4%F7%E0%F3%FE%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C2%E7%F7%F6%F7%B2%F5%E7%F3%E0%F6%F3%E0%B2%FE%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%E6%F3%FC%E6%F3%E1%B2%E4%F7%F1%F7%E1%B2%F1%FD%FF%FD%B2%E3%E7%FB%F7%E0%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%CB%FD%E7%DE%F3%E1%E6%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%DE%F3%B2h%FE%E6%FB%FF%F3%B2%E2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B2%F5%E7%F3%E0%F6%F3%F6%F3%B2%F7%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%F1%E6%FB%E6%EB%D1%FD%FF%E2%FE%EB%B0%A8%B0%CB%F3%B2%FA%F3%B2%E0%F7%F3%FE%FB%E8%F3%F6%FD%B2%F7%E1%E6%F3%B2%F3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FE%F3%EB%C1%F7%E4%F7%E0%F3%FE%C6%FB%FF%F7%E1%B0%A8%B0%C2%E7%F7%F6%F7%B2%E0%F7%F3%FE%FB%E8%F3%E0%B2%F7%E1%E6%F3%B2%F3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%B2%F1%E7%F3%FC%E6%F3%E1%B2%E4%F7%F1%F7%E1%B2%E3%E7%FB%F7%E0%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FE%FD%E1%F7%B0%A8%B0%D1%F7%E0%E0%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DE%FD%F3%F6%FB%FC%F5%B0%A8%B0%D1%F3%E0%F5%F3%FC%F6%FD%BC%B2%D7%E1%E2%F7%E0%F7%BE%B2%E2%FD%E0%B2%F4%F3%E4%FD%E0%BC%BC%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%E2%E7%FC%E6%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D3%E7%F6%FB%FD%B0%A8%B0%D3%E7%F6%FB%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%FD%FE%E7%E6%FB%FD%FC%B0%A8%B0%C1%FD%FE%E7%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C6%E0%EB%B0%A8%B03%C2%E0%E7%F7%F0%F3%B2%FD%E6%E0%F3%B2%E4%F7%E8%B3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D1%FA%F7%F1%F9%B0%A8%B0%D1%FD%FF%E2%E0%FD%F0%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%FC%F6%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%DA%F3%E1%B2%E6%F7%FC%FB%F6%FD%B2%B7%E1%B2%F3%F1%FB%F7%E0%E6%FD%E1%B2%EB%B2%B7%F6%B2%F7%E0%E0%FD%E0%F7%E1%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D7%FC%F6%C6%FB%FF%F7%B0%A8%B0%D7%FE%B2%E6%FB%F7%FF%E2%FD%B2%FA%F3%B2%F4%FB%FC%F3%FE%FB%E8%F3%F6%FD%BC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D5%F3%FF%F7%D7%FC%F6%B0%A8%B0%DA%F3%E1%B2%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%F6%FD%B2%FE%F3%B2%F3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C7%FC%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F7%F6%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%B0%D3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%B2%FC%FD%B2%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%F6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%E7%F1%F1%F7%E1%E1%F4%E7%FE%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%B0%D3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%B2%E1%E7%E2%F7%E0%F3%F6%F3%BC%B2%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%A8%B2%B7%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C7%FC%E1%E7%F1%F1%F7%E1%E1%F4%E7%FE%D3%F1%E6%FB%E4%FB%E6%EB%B0%A8%B0%D3%F1%E6%FB%E4%FB%F6%F3%F6%B2%FC%FD%B2%E1%E7%E2%F7%E0%F3%F6%F3%BC%B2%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%A8%B2%B7%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C6%EB%E2%F7%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%D1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%B0%EF%EF

Nunha cidade atopamos partes moi distintas. No centro adoita situarse @@o casco histórico@@, que en moitos casos ten un plano @@irregular@@. Ao seu carón atopamos @@o ensanche@@ xurdido xa na etapa industrial para acoller á poboación acomodada, cun plano @@regular@@. Ao mesmo tempo, a poboación traballadora, con menos recursos, situábase en @@suburbios@@ cun urbanismo pouco coidado. Desde que existe automóbil creceu moito @@a periferia@@ . Aquí atopamos áreas moi diferentes entre si segundo a función e a clase social da poboación.

O navegador non é compatible con esta ferramenta.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)