Introdución: a poboación

Ides comezar un tema que, aínda que volo custe crer, está moi, moi cerca de vós: a xeografía da poboación. Detédevos un pouco e pensade: cantos fomos? cantos somos? como somos? onde estamos? como nos movemos polo mundo?... estes interrogantes e outros moitos máis pódense responder aplicando os coñecementos que ao longo deste tema, de bo seguro, adquiriredes.
Achegarse á xeografía da poboación permitiravos comprender como a humanidade se relaciona co espazo e como evoluciona anos tras ano, século tras século. Mediante os textos, as imaxes e as diferentes actividades que aparecen no REA iredes descubrindo cousas que de seguro vos sorprenderán. E mira, se vos gusta, e estudando uns poucos libros máis, igual podedes acabar sendo expertos xeógrafos da poboación.
Listos para arrancar?
Veña, imos aló.
Lectura facilitada
Ides comezar un tema novo.
Este tema é moi cercano: a Xeografía da poboación.
Cantos fomos? cantos somos? Como somos?
Onde estamos? Como nos movemos polo mundo?...
Estes interrogantes respóndese estudando este tema.
Poderedes comprender como a humanidade se relaciona co espazo,
e como evoluciona anos tras ano, século tras século.
Listos para arrancar?
Veña, imos aló.