Glosario
Emigración
-
Definición:
-
Traslado dun territorio a outro provocado maioritariamente por causas económicas ou sociais.
-
Exemplo:
-
Nos anos sesenta do século pasado houbo unha forte emigración de Galicia cara Suíza.
Fecundidade
-
Definición:
-
Relación entre nacementos e as mulleres en idade fértil (15 - 49 anos).
-
Exemplo:
-
Cada vez é menor a fecundidade nos países máis desenvolvidos porque cada vez hai menos nacementos.
Inmigración
-
Definición:
-
Asentamento nun territorio dunha persoa, ou dun grupo de persoas, procedentes doutro.
-
Exemplo:
-
Ningún peche poderá frear a inmigración de xente necesitada.
Migración forzosa
-
Definición:
-
Traslado dunha persoa ou dun grupo obrigada por diferentes factores: conflitos armados, persecucións relixiosas, desastres naturais...
-
Exemplo:
-
Os conflitos armados provocan a migración forzosa de milleiros de persoas ao ano.
Mortalidade
-
Definición:
-
Número de defuncións que se producen nun lugar nun período determinado de tempo, xeralmente un ano.
-
Exemplo:
-
O envellecemento demográfico provoca un aumento da natalidade.
Mortalidade infantil
-
Definición:
-
Mortalidade entre os menores dun ano.
-
Exemplo:
-
Debido ás malas condicións nas que se producen os partos nos países menos desenvolvidos existe unha elevada mortalidade infantil.
Natalidade
-
Definición:
-
Número de nacementos que se producen nun lugar nun período determinado de tempo, xeralmente un ano.
-
Exemplo:
-
A baixa natalidade provoca que en España vivan cada vez menos nenos.
Saldo migratorio
-
Definición:
-
Diferenza existente entre o número de inmigrantes e de emigrantes.
-
Exemplo:
-
Como hai máis inmigrantes que emigrantes podemos falar de saldo migratorio positivo.
Saldo vexetativo
-
Definición:
-
Diferenza entre o número de nacementos e defuncións.
-
Exemplo:
-
Cando hai un maior número de defuncións que de nacementos hai un saldo vexetativo negativo.






